lunes, 31 de mayo de 2021

Kutika Domaio


Foto remitida por Pascual Martín, obtenida desde el varadero del puerto deportivo de Punta Lagoa, en Teis.
Nos encontramos en la terraza de Frida, gallega eslovaca, en un encuentro de  amigos para disfrutar de la buena cocina y vinos de su casa y del culto a la conversación amistosa. En ese añoso círculo virtuoso de la amistad, se cuentan los hermanos Arturo y Fernando Rosendo, Carlos Meixide, Alfonso Martínez y Pascual Martín.

 Desde Domaio, Moaña, se proyectan las miradas sobre las bateas mejilloneras en la ría y al fondo en nuestra izquierda, Trasmañó y el monte de la Guía, coronado por la ermita de la Virgen de las Nieves. 

En el discurrir de la conversa plantea Alfonso Martínez cuestión acerca del proyecto, según parece inminente, de colocación de una enorme figura de Cristo colocada en destaque sobre la torre campanario de la ermita de la Virgen de las Nieves. A esto añade Pascual Martín la información acerca de su petición de apoyos en redes sociales para que se detuviera el proyecto mencionado.

 A continuación la exposición breve de algunas líneas argumentales en favor del desestimiento del propósito de dar culminación a tal tentativa, lo más desprejuiciada posible.

 Enumerativamente, y no por el orden de la relación mayor importancia, abordaremos el resumen argumental siguiente, sin pretender exhaustividad. El primer argumento es de carácter paisajístico o de impacto visual. Una escultura cercana a los seis metros añadidos a la peana, superpuesta al alzado de la ermita y su torre campanario supondrá que la totalidad de la ría viguesa se vea enseñoreada por una presencia ineludible que se impondrá a cualquier visión subjetiva, de tal modo que no será el ojo el que vaya descubriendo sino que se verá asaltado o sorprendido a favor o en contra de su deseo. Un megamonumentalismo desfasado con los tiempos que corren, por más que estuviera en el proyecto de Gómez Román o pueda hallar inspiración en ejemplos de otros lugares. Metafóricamente hablando, un ojo de Polifemo no es necesario en la bahía, pasando nosotros a ser participados, observados.

 El segundo argumento recoge un tipo de religiosidad de raigambre popular, esto es de raíz o arraigo en la tradición marinera y campestre que se muestra en un amplio catálogo de devoción mariana y romera, el cual queda bien representado en los oficios y hasta divertimento, actos religiosos, lúdicos y festivos conjugados alrededor de la Ermita de las Nieves. Es necesario acudir a su encuentro, descubrirla y visitarla. No se impone visualmente como mandato imperativo. Atrae por devoción.

 Pertenece al mundo numinoso y protector, miragreiro, de exvotos, gaiteiros, rosquillas y melindres, que en la ciudad viguesa podemos encontrar en la finca de "San Roque e o can", patrón también de Vigo.

 Un poco redondeando lo anterior, tener en cuenta, en apunte de Carlos Meixide, el carácter dispendioso que aparenta en estos tiempos de temporal y zozobra el destino de unos recursos a este fin.

 Dirigimos devotamente nuestras plegarias a la Virgen de la Nieves para que obre el milagro, ante las autoridades, de retractación de su propósito, que si no es de enjundia teológica lo es de naturaleza estética.

lunes, 24 de mayo de 2021

Freixeiro. Bar Frontón.

De regreso a estes lares de Freixeiro, por máis sinais na Pastora, fago memoria do que foi o bar tenda do Elías e Marina, tamén coñecido como Bar Frontón, desaparecido no remate dos oitenta, onde hoxe a chocolatería Que Churros. 

Botou a andar na metade dos cincuenta e os máis vellos recordan a sona das botellas de viño do Condado que Elías ía procurar As Neves, acompañadas de xamón, chourizos e unhas galletas de pan, que así lle chamaban. Aí fixeron lugar de encontros a Peña dos Teixugos, que empregaban un comedor do espazo privado do bar para os seus condumios, tal me conta Elías fillo. 

Así tamén me conta dun home que con vasoira de xestas limpaba os frontóns que se extendían antre frondosos eucaliptos de gran porte contra os muros do instituto Santa Irene dende os predios do Carmen. Éste tiña por nome Esteban e un busto de homenaxe, situado enriba dunha neveira surtida con xeo que non producía, agasallabao. 

Os domingos o bar tenda Frontón botaba unha cortiniña e traballaba só como bar. Ata o ano 71 en que pecha como tenda e pasa a bar deica o derradeiro peche.

 É a finais dos setenta que aparecemos nós e o espazo ao servicio público compoñenno dúas mesas longas con dous bancos corridos cadansúa. Alí matamos horas de troula, tempo de xuventude e lecer, que se esvaen no decorrer dos anos.

 Vaian estas liñas ao rescate do tempo ido e co meu agradecemento a Ana e Elías, fillos de Elías e Marina e de todos aqueles que poboaron os bares e encheron cos seus chíos canoros as tabernas.

viernes, 21 de mayo de 2021

Conversando con Ferrín


Foto de Ferrín remitida pola miña amiga Ara Luna na presentación do libro No fondo dos Espellos na Universidade de Vigo.
Onte contra a noitiña e con motivo de comentar un fermosísimo artigo do académico da RAG X. L. Axeitos, adicado a Ferrín, onde se glosa ou reseña o acto sinalado no pé da foto,  sobre a compilación recollida nun libro preparado polo profesor Fernando Ramallo destes traballos publicados no Faro de Vigo, No fondo dos Espellos, fomos endereitando a conversa por vieiros intrincados, un tanto labirínticos da memoria común. 


Nunha sucesión apurada o tempo foise acelerando, desandando os camiños, recuando na procura das vivencias consolidadas que esváense, desfigúranse ou transfigúranse nas estancias brumosas do acervo común.


Así, entre recordos, a presenza recurrente por non dicir permanente durante moitos anos, dos cincuenta e sesenta aínda nos primeiros setenta do pasado século, dos barcos da Compañía Trasatlántica, todos eles con nome de virxes, non sei por qué. Así o Begoña, o Montserrat, o Covadonga e o Guadalupe, barcos de pasaxe, que adoitaban ter a cabeceira de saída para o porto de Vigo na cidade inglesa de Southampton. Estes barcos viñan consignados por CONTRASA, situada na rúa Montero Ríos, a cuxa fronte estaba José Grobas Loredo e tiñan por destino máis frecuente portos como La Habana ou La Guaira.

 Dicir da Trasatlántica que foi unha naviera fundada polo Marqués de Comillas, quen tirou proveito das guerras coloniais de Cuba e Filipinas co transporte de tropas e suministros, despois reciclado coa pasaxe que comentamos.


Nesta conversa de onte tamén acudiron os bares da rúa de Santiago, sinaladamente o Tres Ventanas, onde recordo parar moito Pepe Lodeiro. O dono era do Ribeiro, coido que de Ribadavia, de nome Albino ou Balbino, dubido. Tamén a tenda bar da señora Carmen, na que paraban mulleres as que lles gustaba un grolo de licor ou unha fecha de viño. Bebían moito Sansón.


Xa para rematar,  tivemos tempo pra falar da Pastora, en Freixeiro, tal que as tendas e tenda bar doutrora como as de Elías, entrando; máis interiormente,  onde inicia o camiño de Freixeiro, antes estrada de Tui, no que sería o Mesón Arbo,  de Celia, outra innominada e xa na Ponte Nova a tenda bar de Pepe. 

Aínda nos deu ocasión para lembrar París, o Quartier Latín, a Maximino Cacheiro Varela ou a libraría chinesa Le Fénix, segundo coido recordar no boulevard Sebastopol. Remando contra o tempo. Obrigado, amigo Ferrín.