jueves, 23 de enero de 2020

Suso Vaamonde

Foto: Río Oitaven. Verquido das cinzas de Suso.Topábame aquela mañá do dezaséis de Febreiro do ano dous mil extraviado no campus da UNED en Madrid. Diariamente por aqueles días collía o tren de cercanías procedente de Ávila, onde vivía, con destino Madrid. Soa o móvil e unha chamada de Gonzalo Gómez, quen conocera a Suso en Venezuela, me comunica o pasamento de Suso Vaamonde. Algo inexplicable para min, pois xa levaba tempo fora de Vigo e descoñecía a enfermidade que estaba a aturar e que levóuno a unha morte prematura. 

A familia Vaamonde-Polo establecérase en Vigo nos sesenta e foron unha presencia destacada na nosa cidade, tanto no eido profesional, como social, cultural e mesmo político. A nai de Suso, Araceli Polo, mestra comprometida, e Xesus Vaamonde Campos, propietario dun almacén de textil e calzado.

 Das inquedanzas desta familia agromaron iniciativas numerosas que tiveron como destacados protagonistas aos irmáns Luis e Suso Vaamonde Polo, que se concretaron en grupos como A Roda ou as numerosas intervencións conxunta ou separadamente dos citados irmáns. É preceptiva e indispensable a consulta e lectura do libro de Miguel Boó, "Suso, Voz de Trebón", para saber máis e afondar nos detalles desta familia e non é este lugar para extenderme no caso. 

Coñezo a Senén Vaamonde, o máis novo da familia por aqueles anos, a remates de 1973, no fragor das arriscadas loitas estudantís antifranquistas de ensino medio en Vigo, esta circunstancia púxome en contacto coa súa familia. 

Suso destacóu en vida non só pola súa potente voz e rexo carácter senón como compositor, musicando aos mellores poetas do país e productor de numerosas agrupacións musicáis. A pesares desto o tempo foi botando terra á sua memoria. 

No ano 2016 Senén presenta o seu primeiro traballo editorial sobre a base dun disco que Suso grabara adicado aos poemas para nenos de Manuel María, titulado Os Soños na Gaiola. Isto supuxo o inicio dunha resurrección musical de Suso, que tivo continuación en sucesivas entregas doutros títulos, que xa van polas catro, a derradeira deste ano adicada a Suso e Celso Emilio Ferreiro. Polo medio as adicadas a Neira Vilas e ás irmás Pura e Dora Vázquez.

 As reedicións destes traballos, como dicíamos, remozóu o legado e a memoria de S.V. O noso artista e autor foi nado na aldea de Regodobargo no concello de Pontecaldelas. Este ano cúmprensen vinte anos do seu falecemento e a Corporación Municipal co seu alcalde Andrés Díaz quere facerlle recoñecimento cun programa de actos a desenvolver o vindeiro domingo 16 de Febreiro, que terá inicio as 12 da mañá á beira do Oitaven cunha ofrenda floral e a interpretación da marcha procesional do Antergo Reino de Galicia para, tralo xantar, na Casa do Pobo descobrir unha placa na que se recolle o nome de Suso Vaamonde como o que levará en diante a antedita Casa.

 Xa na tarde se desenvolverá un festival musical presentado polo actor Morris e que contará tamén co recitado do poema "Cantiga a un amigo" da autoría de Mini na voz de Senén Vaamonde. 

Outros intervintes neste festival: A Quenlla, Alfredo Dourado, Luis Vaamonde, Pepe Iglesias e Miguel de Combarro.

 Suso Vaamonde ten rúas adicadas en Salvaterra, Redondela e Vigo. Dende esta cidade onde tanto tempo residíu e tanta pegada deixóu, onde reside aínda a meirande parte da súa familia directa e numerosas amizades amosamos a nosa adhesión ao vinte aniversario en Pontecaldelas. Na lembranza de tantos viños na Viuda, No Chavolas, No Porco, no Bar Novo e así infinito. 

Grazas Suso por tanto que entregaches e polo moito que sementaches. Saúde.