Vaia por diante breve nota sobre o autor, Paz Antón, nado no 1957, músico e musicólogo, fundador no ano oitenta do grupo musical Na Lúa co que percorreu países de Europa, África e América, segundo reseña contida no próprio libro. Asemade, desenvolveu actividade política no eido do nacionalismo. Outra das suas ocupacións é a investigación histórica, destacadamente na área do Porriño, O Miño e Salceda de Caselas, non egotándose aí a sua produción ensaística.
As liñas que siguen enténdanse máis como unha invitación á lectura que como un parafraseo do seu texto, máis como unha acotación ou reseña do contenedor, o libro como obxecto físico, que do contido, con algún dato básico.
Vexamos. Dise no saúda do alcalde Marcos Besada que o doutor Zunzunegui, de orixe vasca, tolosana ( Guipúscoa) engado eu por información que me fornece o meu amigo Emilio Fernández Zunzunegui, quen me puxo nas mans este libro. Tamén neste saúda é citada, por Marcos Besada, Marina Fernández Zunzunegui, a quen supoño irmá de Emilio.
Este médico dos pobres exerceu o seu oficio no primeiro terzo do pasado século vinte na vila de Salceda. A chegada do matrimonio don Joaquín Zunzunegui Romo e a sua dona Consuelo Freire a estas terras miñotas supuxo un lenitivo para as precarias existencias das menesterosas xentes. Don Joaquín foi precursor das ideas e praxes hixienistas, mesmo disertando sobre as vantaxes do naturismo e cunha visión reformista e sociosanitaria da saúde moi acaída nestes tempos de mercantilización.
Vénseme a cachola, lonxe destas terras, a figura do doutor Jaime Vera, cofundador do PSOE a carón de Pablo Iglesias Pose en Casa Labra en Madrid nos oitenta do século dezanove, de quen lera van moitos anos unha edición do seu informe encol das medidas de reformas sociais para mellora da saúde das clases preteridas. Na Escola de Verán Jamie Vera, en Galapagar, asistira na compaña do amigo Arturo Rosendo, a un curso sobre a economía mixta prevista para a década dos noventa que iniciaban, dirixido por Manu Escudero.
Voltando ó libro que nos ocupa, obviamente tracexa unha singladura biográfica, vitalista e vital de don Joaquín Zunzunegui e algúns dos seus descendentes da que podemos aprender. Agora ben, hai algunha dimensión inserida no feito de se publicar este libro e que fai parte do proxecto colectivo que é o Arquivo da Memoria e da Imaxe de Salceda ( AMIS).
O doutor Joaquín Zunzunegui Romo fica inmortalizado cunha rúa en Salceda ao tempo que algúns estabelecimentos levan o seu nome, tal na Casa da Música, sita no antigo Centro Rural de Hixiene, construido en 1952.
Para porlle o ramo a estas verbas magriñas, unha breve engádega da edición. Ten unha extensión de 71 páxinas, ven acompañada de ilustracións, maiormente fotos, algúns apéndices ou anexos e algo moi de agradecer que lle da prestancia, é un libro cosido, as follas non se despegan, esto brinda comodidad no seu manexo e durabilidade, o que esencialmente pretende unha memoria, perdurar.
Longa vida a Don Joaquín Zunzunegui Romo.
Na Memoria de todos.
XUR O'PONTILLÓN.