jueves, 30 de octubre de 2025

Preternatural en Freixeiro

Ou de como vin a Santa Compaña na Baixada ao Pontillón na véspera de Tódolos Santos, aló xa dobrando os setenta do último século. Na nenez escoitara a miña avoa dos areais de Samertolameu falar que de pícara carrexara monicos de area e pedra para a construción dun espigón na praia e que naqueles tempos acontecían cousas de aparecidos na terra e recordo tamén ela parolar coas leiteiras das Carneiras desta outra banda sobre aparicións de Cristo no seu trono coa súa mae nos ceos desa parroquia. 

Eu escoitara dela e outras veciñas falar de aireadas de can, de mal de ollo, de corpo aberto, da Santa Compaña. Tamén do Ciprianillo e dunha xaculatoria que lle dixera unha sanadora ao meu avó materno e miña nai presenciara sendo nena polos trintatantos do vinte. 

Eu recordoa dos beizos da miña nai Beatriz e dicía así : 

" Por eiquí pasou Cristo/ antes de queste mal fora visto/
Morra o Mal e Viva Cristo".

Sempre tiver moitas dúbidas sobre estes aconteceres. Pero unha madrugada dos nosos defuntos ocorreume a min ao pouco de chegaren ao Pontillón de Freixeiro.

 Unha ves cruzabala Gran Vía abríase un mundo escuro, sombrizo e húmido, rural, cos misterios dun Pazo ( o Da Pastora) , Igrexa, Camposanto, unha ponte, un río, claro, ponte sen río non debe ser, un bosco ( Castrelos) e outro Pazo ( o de Quiñones de León, Marqués de Alcedo). 

Nesa madrugada eu descoñecía as mañas da parroquia, párroco e parroquiáns. Chego ao Camiño de Freixeiro, que é unha encrucillada aprisonada antre os muros do Pazo dos Ozores e as tapias do cimeterio privado, pois non é nin municipal nin parroquial, apegado si, a pequena igrexa do dezasete, ou case ben abeirado a ela. 

Nesa perspectiva albisco as portas da igrexa de par en par, a igrexa alumeada para dar inicio a procesión dos nosos defuntos, a procesión da Santa Compaña, abraiado apurei o paso para evitar darme con eles e que me contaran antre os seus.

 Entrado na casa aos pocos metros do lugar, salvo, tiven o soño algo alucinado. Ao día seguinte comenteillo a miña nai e sorriume. Resultas, que o párroco, Don Antonio, tiña por costume airear a igrexa na madrugada. Eu non sabía.

 Esa fora a Santa Compaña imaxinada, máis ou menos coma todas. Tamén a úneca aireada, non de can nen becho, nen besta algunha, senón simples ventilación. 




miércoles, 29 de octubre de 2025

PC punto. Célula Foucellas

Fora coa candidatura da CUP nas segundas munipas do ano 1983 en Vigo. A candidatura estaba encabezada polo recoñecido escritor Xosé Luís Méndez Ferrín. " Ferrín  oCUPa Vigo", pregonaba a campaña. A CUP era a coalición de Galicia Ceibe e o PCOE ( Partido Comunista Obrero Español) do galego Enrique Líster máis algúns independentes, eu mesmo integrara un modesto posto na lista e por suposto mantivérame activo nos traballos de campaña.

 Neses trafegos coñezo a Agustín Fernández, quen máis adiante, publicará o libro "Julius Fucick, o home máis humán", prologado polo propio Ferrín. O pai deste Agustín, doente terminal, xa non puido manterse connosco pero foi o referente do PCOE na candidatura. Este home de quen xa non recordo o nome polo antedito fora víctima de torturas na DGS da Porta do Sol madrileña pola sua condición de enlace das agrupacións guerrilleiras galegas e a estrutura urbana do PCE que conducía a dirección do Partido. Na altura dos finais dos setenta e principios dos oitenta presidiu a Unión Democrática de Pensionistas en Pontevedra. En troques o seu fillo o mentado Agustín mantiña unha corresponsalía de Radio Moscú. 

En paralelo a estes feitos estaba en marcha no conxunto do Estado o proceso que levaría ao Congreso de Unificación dos Comunistas celebrado na cidade de Madrid en xaneiro de 1984 e foi Agustín quen me levou a ese rego. Nun primeiro momento foime pasando exemplares do periódico Unidad y Lucha, órgano do comité central do PCOE, se ben este partido quedaría descolgado do congreso de unidade que elixiría ao xienense Ignacio Gallego secretario xeral. 

Ao tempo fixera contacto co MRUPC (  Movemento pola Reconstrución e Unificación do PC) ao que pertencían tamén Antonio Gades e Pepa Flores, entre outros moitos militantes. No caso galego, un fato de camaradas procedentes do PCG asinaran un manifesto de adhesión a este congreso, maioritariamente do MO. Así, entre outros: o ferroviario Gonzalo Gómez Rodríguez, do barrio de Canadelo en Vigo, dirixente fundador de FETCOMAR das CCOO, Jesús Rodríguez Culebras. médico e concelleiro en Vilagarcía de Arousa, Doce de CEMSA, Manuel Rodríguez Pereira, empregado da Caixa de Pontevedra, Manolo Barros, concelleiro en Redondela, o  coñecido como Pepe Chapas, Maneiro, O Chuvias, o estibador Antonio Figueroa, da parroquia viguesa de Beade e outros da nosa contorna, fixeron de tractora daquel reagrupamento nas terras galegas.

 Para min, políticamente o máis interesante foi darlle o finiquito ao eurocomunismo, alinearse co campo socialista encabezado pola URSS, rachar co pacto social no MO, erguer a bandeira da República e manter o Dereito de Autodeterminación de Galicia, Euskadi e Catalunya. 

Pouco despois celébrase en Compostela o congreso fundacional do PCLN ( Partido Comunista de Liberación Nacional ), saíndo elixido o concelleiro cangués Mariano Abalo como secretario xeral, navigando no ronsel do PGP ( Partido Galego do Proletariado), inspirado por Méndez Ferrín aló polo 78, continuador da UPG, liña proletaria, que ben recordamos. 

Voltamos ao PC, despois nomeado PCPE e na Galiza PCPG. Eiquí o meu recoñecimento ao cda Xosé Castro Collazo, dirixente do partido, ca aínda hoxe, 2025, mantén o rumo do PCPG. O contexto da creación do PC punto veu marcado por dous elementos salientables, un interno, a eventual convocatoria de referéndum OTAN prometido por Felipe González e o xiro proatlantista do PSOE, e outro conexo externo ou internacional, o proxecto IDE, alcumado Guerra das Galaxias, tamén escudo antimisís, da administración Reagan, acompañado do desplegue dos chamados euromisís da OTAN en Europa co obxectivo claro de amedrentar á URSS e ós seus socios do Pacto de Varsovia. 

Na criación e pulo do PC punto foi determinante o papel do PCUS na etapa de Chernienko e Yuri Andropov, xunto a dirixentes doutras repúblicas de democracia popular ou socialistas, como Gustav Husak, Janos Kadar, Erich Honecker e outros.

 Un elemento volarativo engadido doméstico foi o magro resultado electoral do PCE no 82, a risco de ficar extraparlamentar. 

Aterrando novamente na nosa cidade viguesa xa na andaina do PC punto póñome a militar na célula Foucellas no bairro das Travesas a carón de cdas tan prezados como Manolo Garrido, secretario de organización da célula, todavía a día de hoxe activo en numerosos frentes, no Comité AntiOtan p.e, Gonzalo Gómez, Virgilio, Antón Cabanas, Carlos Álvarez e así ata máis dunha ducia de militantes. O máis importante desto foi a recuperación da organización celular do partido frente ás agrupacións eurocomunistas e a opción polo nome de Foucellas para a célula nun exercicio pioneiro, mediados dos oitenta do pasado século, da recuperación da memoria histórica democrática ao tempo que honra e homenaxe a este comunista das Agrupacións Guerrilleiras. 

O bienio 84- 86, coa perda pola mínima da nosa posición do NON á OTAN no referéndum, foi decisivo para a nosa historia ata os nosos días, nos que seguemos a berrar OTAN NON. 


lunes, 20 de octubre de 2025

Pequeno Aviso

As letras que integran este volume e os contidos que expresan de carácter menos persoal e tamén persoal, no que atinxen ao propósito deste volume e a sua materia, se recortan contra o pano de fondo da imponente presenza, en todo caso non exclusiva nin debe ser excluínte, do PCE como decisivo actor político.

 De feito o seu relato ( sen calificalo eiquí  e agora de claudicante ou non) foi hexemónico na esquerda política e social nos anos da ditadura e da  chamada Reforma ou Transición con importantes matices e salvedades, fundamentalmente en Euskadi. A esa hexemonía que tamén é a dunha subsecuente narrativa frecuentemente tinguida de épica triunfalista e propagandistíca dásenlle refachos de réplica tamén por omisión. Outras esquerdas foron posíbeis e axiron consecuentemente.

 Non se pretende tampouco unha reseña onomástica interminable arredor dos feitos que se expoñen. Aí si, xogan as opcións vivenciais de maior proximidade do narrador. Sen esquecer que nestes fragmentos de loita antifascista a completa onomástica ten un só nome : O Povo, "quen máis ordena" , como canta Grándola. 

domingo, 19 de octubre de 2025

Nacionalismos e Izquierda

Este epígrafe hay que situarlo en el contexto del surgimiento de ese constructo histórico del denominado Estado - Nación, por tanto carece de cualquier sentido una vaporosa apelación a los nacionalismos e Izquierda en espacio etéreo, ucrónico, desubstanciado de carga conceptual de contorno o perfil histórico. 

La Historia hace surgir la noción de nación, valga la expresión, e inescindible de ella la idea de Estado como afirmación y conservación de la figurada preexistente nación. Por debajo de esto la instancia legitimadora, la idea de pueblo, gens o tribu que impone su dominio sobre un territorio. En el proceso histórico de erección del Estado observamos como Éste, figura militar y jurídica, va imponiendo su dominio a pueblos y territorios insumisos, refractarios a su reclamo imperial. 

Con la siembra preparatoria del enciclopedismo y la ilustración, de ese surco y de los antagonismos sociales surge la Revolución Francesa, los clubes revolucionarios, logias, sociedades herederas del gremialismo medieval, el Tercer Estado y la terminología topográfica al tiempo que ideológica izquierda /derecha.

 Con la posterior Revolución Industrial y la emergencia del MO ( Movimiento Obrero) éste quedará alineado en la Izquierda. Las Revoluciones europeas de 1848  asociaran las reivindicaciones democráticas de las nacionalidades, expresión programática de los movimientos nacional - populares, con las de los movimientos emancipatorios de los trabajadores y sus propuestas federativas ( algunas de éstas de inspiración y raigambre anarquista). .

En el contexto del pasado siglo veinte, ya desde su tercera década, acentuado en el transcurso de la guerra del 1936 - 1939, y con mayor énfasis y claridad, por decantación histórica, de la mano de la UPG ( Unión do Povo Galego) a comienzos de la década de 1960, con incursiones en los 40 y 50, se establece la ligazón entre lucha de clases y nación proletaria como sujeto histórico portador de Soberanía Anticolonial. 

Procesos semejantes al caso galego , mutatis mutandis, se darán con mayor o menor grado de madurez y variada textura en las otras nacionalidades existentes bajo el Estado Español ( Euskadi, Paísos Catalás y Canarias). Esto llevará a una panoplia de variadas reacciones y respuestas de la Izquierda Estatal, desde jacobinos unitaristas, federalistas declamatorios o retóricos hasta cosoberanistas, entre variada fauna.

2025. Y en eso estamos.

 

jueves, 16 de octubre de 2025

Sira e José Antonio. Casa Roucos

Empecemos polo principio, unha historia tamén pode empezar polo final ou por calquera momento intermedio. Falo de Casa Roucos na encosta ou pendente que debala mariñeira de Santa Marta poñendo proa ao recinto conventual dos franciscanos, de raigame qincuecentenaria, vixiante da nosa baía. 


Para min o principio son os nomes de Sira e José Antonio e non falo da xenealoxía histórica do establecemento polos cincuenta do pasado século. Eles, solícitos e falangueiros, son o maior elemento patrimonial, material e inmaterial, corpo e alma, do Roucos.


 Pretencioso da miña banda louvar os viños e os manxares da casa. Non son eu crítico gastronómico dese nivel. 


Póñovos en situación. O pasado once de setembro, Diada Nacional de Catalunya, vémonos e partillamos mesa, mantel e farra amigos de hai máis de corenta e cinco anos, algúns de máis de cinco veces dez. Cito, Carlos Meixide, os irmáns Arturo e Fernando Rosendo, José Quintillán, Pascual Martín e Alfonso Martínez Jiménez. Primeiro cocido da tempada, copioso e moi variado de carnes, ceboleiro, botillo e androlla. Outros entrantes de mar, pementos de Padrón, filloas de sobremesa e tarta de Santiago de abundante e selecta améndoa .Viños Rioja e Mencía de diversa denominación de orixe, non vou describir texturas e sensacións ao gustativo, licores, cafeses... A cociña á vista, directamente dos fogóns á unha mesa longa nun espazo recoleto presidido por un Pantocrator polícromo de Xabier Lemos. O binomio Laxeiro- Casa Roucos indisoluble. 

Numerosos instrumentos musicais e un cancioneiro ao noso dispor : Habaneras, Rumbas, Guajiras, cantes de ida e volta, as cantigas que popularizaron A Roda e Suso Vaamonde, primeirizamente pola contorna que as veces acompañamos , moi preto do Roucos, polo Chao, Rúa San Vicente, no Chavolas, na Taberna da Viuda e así. 

A invitación, máis ben a incitación ao canto co cancioneiro enriba da mesa de parte de José Antonio e da sua irmá Sira, cousa de terlle en moito aprezo. Onde se canta se viven con outra intensidade e máis matizadamente as emocións, o rexistro canoro, vocal pode tinguir de cores, non menos que a paleta do pintor, o cenáculo desa que chaman Capela Sixtina ribeirán co que baptizaron o Roucos, segundo hermenéutica do que foi máis de vinte anos párroco, Miguel Valdivieso, dí él, Capela Sixtina porque gusta, sen engadir máis. 

Para min Casa Roucos é epítome de franciscanismo e mar. 

Quen mellor puidera expresalo é o historiador Xosé Luís Mateo, homónimo do Mestre Mateo, e tornamos á mestura entre Roucos e Compostela, Camiño Portugués da Costa. A parada e fonda na Casa Roucos debera ter indulxencias plenarias, estación gozosa no rosario daquelas outras " capillas", así dicían na Rúa de Santiago aos bares, idas no devalo do tempo, camiñando nas sombras, penso nas suas proximidades, no Bar Mascato, en Casa Armando ou na Esquina.

 O Mascato encerra no cofre da miña memoria algúns segredos ben gardados, por frente do Mascato a carpinteiría de Dorrego da miña nenez na compaña do meu avó Adolfo Pérez tamén ebanista e carpinteiro.

 Voltamos a Casa Roucos para darlle a despedida a Sira e Jose Antonio botándolle a derradeira. 

E o tempo dirá. 

XUR O'PONTILLÓN 

domingo, 12 de octubre de 2025

Entre Rejas

Esta mañana dominical de un límpido otoño, cielos satinados, sin mácula de una sola nube, con frescor en la cara a la altura de la acera volada, marcha un tanto forzada y renqueante, dirijo mis pasos por Elduayen a la sede de CNT en las Galerías de Príncipe. 

Media mañana. Primera Feria del Libro Anarquista y Social, tercera jornada. Presentación del libro Entre Rejas, intitulado, "y otros episodios antiautoritarios" , ediciones Fantasma, de la autoría del salmantino Emilio Peroti. El volumen lo integran tres relatos comprendidos en 240 páginas de amena lectura, inspirada su composición en aquella literatura popular serializada, de folletín para masas obreras que descubrían la lectura, los que podían por alfabetizados y capacidad económica, en este formato. Así nos lo cuenta Peroti en la presentación de esta mañana.

 Tres relatos, con sus tramas y subtramas, tres momentos históricos y localizaciones diferentes. La más cercana, el mundo de las prisiones en la segunda mitad de los setenta en el Estado Español y las revueltas y amotinamientos de los presos denominados comunes o sociales, orillados por las sucesivas amnistías parciales. El segundo relato nos sube a la alfombra oriental para transportarnos a la milenaria China, el País del Medio. Entre primaveras y otoños, reinos combatientes, la sagacidad de Lao Tze y sus consejas al Emperador, desde el camino del Tao, de que no gobierne o sino acumule el menor poder posible, en forma un tanto sugeridora y enigmática, cohabitando, eso si, Sabiduría y Palacio. Finalmente, Aníbal en Helmantika, partiendo de la consideración del interior de la península de tierra de íberos, lejos del levante litoral ocupado, la resistencia de aquellas tribus, aldea gala mutatis mutandis, asilvestradas, a un poder impuesto por las armas. Con las armas te muestras, por las armas te echamos. 

Multilocación histórica y multicronía no simultánea, resistencia siempre. "Entre Rejas", los de adentro y los de fuera, sin que se muestre una línea diafana de separación. 

Emilio Peroti si nos muestra una entrada y salida, la lectura, el libro como juego antiautoritario, como disolución imaginaria del Estado - Capital.