lunes, 20 de octubre de 2025

Pequeno Aviso

As letras que integran este volume e os contidos que expresan de carácter menos persoal e tamén persoal, no que atinxen ao propósito deste volume e a sua materia, se recortan contra o pano de fondo da imponente presenza, en todo caso non exclusiva nin debe ser excluínte, do PCE como decisivo actor político.

 De feito o seu relato ( sen calificalo eiquí  e agora de claudicante ou non) foi hexemónico na esquerda política e social nos anos da ditadura e da  chamada Reforma ou Transición con importantes matices e salvedades, fundamentalmente en Euskadi. A esa hexemonía que tamén é a dunha subsecuente narrativa frecuentemente tinguida de épica triunfalista e propagandistíca dásenlle refachos de réplica tamén por omisión. Outras esquerdas foron posíbeis e axiron consecuentemente.

 Non se pretende tampouco unha reseña onomástica interminable arredor dos feitos que se expoñen. Aí si, xogan as opcións vivenciais de maior proximidade do narrador. Sen esquecer que nestes fragmentos de loita antifascista a completa onomástica ten un só nome : O Povo, "quen máis ordena" , como canta Grándola.