domingo, 30 de noviembre de 2025

Un Tranvía llamado Vigo

Debo avanzar que aquel día que presencié la procesión fúnebre de los Tranvías por el Paseo de Alfonso, día de año viejo de 1968, tenía cumplidos 10 años. Si echamos la cuenta desde 1914 el tranvía había visto crecer Vigo a través del siglo. Fue testigo, pero sobre todo agente, de la enorme transformación de poco más de una villa en un Gran Vigo, como dice Salvador Beloso Arenosa en el título que campea en la portada de su libro editado este 2025 por Ediciones Agoeiro, en la que lleva publicados dos libros más. Uno sobre las tabernas de Vigo, otro  a modo de dietario sobre la fase dura, la más aguda, del confinamento de la pandemia COVI. Otro más, publicado en la Editorial Rinoceronte, de memorias sobre el instituto Santa Irene de Vigo. En total cuatro libros, tres de temática viguesa.

 El trajín de los Tranvías, con su sonoridad tan característica, su estampa inolvidable ilustrando la cotidianeidad forman parte del archivo sonoro y visual de las vidas de aquellos que los conocimos en marcha, creando texturas nostálgicas imprescriptibles, empaquetadas en el cofre de la memoria. Extraerlos, diseccionarlos, describirlos en tarjetas, fichas técnicas, tarea estéril que no importa a quienes conocimos el Vigo del Tranvía.

 Pero no todo ha de ser nostalgia, emoción para algunos desechable o cuando menos vituperable. 

También tienen cabida asuntos más turbios y de esa turbidez emanan efluvios de sordidez de la alianza de política y negocio, de luchas intestinas entre las oligarquías locales, los Valcárcel ( Tranvías y Panificadora) y los Portanet, quienes detentaban la Alcaldía al amparo del poder político de las élites del desarrollismo franquista ( a la sombra de el Pardo, Camilo Alonso Vega...) El libro de Salvador Beloso no mete el cuchillo en la herida, es discreto en estas cuestiones, pero la herida aún supura para algunos de los escaso supervivientes de aquellos días o sus herederos. La empresa Tranvías Eléctricos de Vigo aún siga viva mercantil y empresarialmente con la explotación de algunos parkings en Vigo. Las instalaciones de la Panificadora, entre la Rúa de Santiago, Falperra y Cachamuiña son un buque de gran tonelaje varado frente a la bahía viguesa, inquiriéndonos e instando a que bajemos a sus bodegas y exhumemos sus reliquias al oreo público. 

Otro dilema o debate acerca del supuesto progreso que representaba el autobús urbano frente al tranvia eléctrico, un debate para memos, desmentido por el hecho de la llegada de unos hermosos autobuses londinenses rojos de dos pisos, que desembarcaron en el puerto vigués, bien lo recordamos, que no llegaron a entrar en funcionamiento y que combinados con la preservación de algunas líneas de los Tranvías ( por ejemplo, la línea a Bayona, que en el verano disfrutaba con mi familia) hubiera sido la alternativa óptima al transporte unbano de Vigo por aquellos años. Algunas voces se alzaron, como casi siempre pocas, contra la tropelía (Leri, Estevez, con despacho en el Paseo de Alfonso) La empresa adjudicataria, VITRASA, ahí la tenemos todavía en el 2025. Me ahorro comentarios. 

Salvador Beloso no muestra inquina ni resentimientos alrededor de aquellos acontecimientos, es una prosa amable que yo no voy a desvelar. Salvador sube al tranvía tranquilo, sabedor de que algún día habrá de ceder su asiento y marchar con el poniente de la ría viguesa a reposar en alguna furna de las isleñas custodias. 

Leamos y meditemos con el estilo directo, llano, sin afectación ni pedantería, de las líneas del libro de Salvador Beloso, líneas que lo son al tiempo las del Tranvía, dynamis y "elan vital" del vigo de los ensanches y metropolitano que fue naciendo en la centuria pasada del veinte. 

Pasen y lean.

 XUR O'PONTILLÓN 

miércoles, 19 de noviembre de 2025

Castrelos no Tempo da Transición

Era Castrelos todavía unha floresta, boscoso, cunha vexetación tupida en extensos espazos da sua fisionomía, vexetal, o río puña o contrapunto musical, canoro ao das aves, nunha coreografía que compuña unha estampa de maior profundidade agreste. Recordaba da miña infancia aínda non lonxana o canturreo avisado de Gorgorito coa sua estaca e a malleira que levaba a bruxa Ciríaca. Tamén nos veráns os chamados Festivais de España, principalmente noites estivais de programacións teatrais ( José María Rodero e outros), musicais, zarzuelas e ballet clásico ou flamenco, por exemplo Antonio el bailarín. Tamén duas barracas (  unha destas colleraa Arce do PTG ) que abrían próximas ao anfiteatro.

 Cheirume predominante de arcolitos. Castaños de indias. Algunhas familias facían vida campestre comendo e xogando ás cartas. Fontes con auga de mina. Parrulos sobrevoando o Lagares ou aniñando. 

Pois ben, xa teño falado do Pombal ao fondo dos xardíns dentro do Pazo, utilizandoo de buzón da nosa propaganda. Non eramos os únicos. O parque de Castrelos foi lugar de citas, encontros, xuntanzas e paseatas políticas ao aire libre. 

Entre as xuntanzas algunha con Luigi no seu paso pola liga procedente da OMLE. Máis tarde montaría a Taberna Baco na Rúa Cantabria e posteriormente o Café Uf na Rúa Pracer xunto con Paco. Luigi desplegou a sua militancia posterior na esquerda independentista e recordoo nas XUGA ( Xuntas Galegas pola Amnistía).

 Antes desas xuntanzas tiven algún encontro - paseo pra falare de política xenéricamente, pasar ou recoller material. Nalgún caso co membro das xuventudes carrillistas ( XCG) Xosé Luís Ezama o "Gurú", excelente compañeiro de quen xa teño falado. Foi él quen me pasou o contacto con Lucía Cid Cabido, tal ves ela recorde. A cita no bosco de Castrelos. Non houbera acordo político para achegala ás nosas posicións pero conservo o recordo dunha muller intelixente e respectuosa que escoitaba e argumentaba as suas opinións que como dicía non eran coincidentes coas nosas. Penso que non estaba en ERGA pero podía asociala co nacionalismo. A verdade é que parecíame moi ben. Mesmo quedara eu cun aquel de si non levara razón e fora eu quen debera mudar. A miña posición política estaba tomada, había xente comprometida e non foi así. Boa impresión de Lucía e tamén de Ezama. 

Para rematar estas liñas dicir que o anfiteatro de Castrelos foi lugar de axitación, panfletos, berros e bandeiras para reclamar atención sobre movilizacións, primeiro tímidamente, xa no 75 máis visiblemente tomados sectores das gradas polos nacionalistas e algúns outros e a partires do 76 ácratas e grupos diversos, as veces con algaradas e incidentes, en xeral ben aceptados. Os tempos ían mudando.

martes, 18 de noviembre de 2025

Casa de Mela

Paréceme ineludible ao recordar os primeiros anos setenta nos medios da militancia viguesa non facer unha parada na casa de Mela nas Avenidas de Vigo, oficialmente Avenida Felipe Sánchez, sublevado ao frente da forza militar viguesa no trinta e seis. Mela fora docente na Academia Muro, vivía coa sua nai nonaxenaria e unha cadela dálmata chamada Lara. Pola casa de Mela, un piso imponente, grande, severo e de altos teitos pasamos moitos. Alí escoitei por primeira vez Radio Tirana, A Pirenaica, que tamén ocasionalmente escoitaba a miña avoa, e outras emisoras de radio que emitían desde o exterior, nalgunha desas escoitamos falar do peche do noso instituto.

 Mela tiña unha idade indefinida, tal vez nos sesenta, era grosa, corpulenta e co cabelo cano,  bebedora de viño barato e tamén brandy. Íamos a unha tenda nun calexon moi estreitiño, que atendía tamén de noite, coa porta pechada, só había que petar e tras escoitar que ías de parte de Mela eras atendido. Fumadora teimosa de cigarros. Ela Ducados, eu Coronas, Partagás e Tiparillos neerlandeses dos barcos da Trasatlántica. Tíñamos feito algunha cea, recordo un polo con cervexa. Por aquela casa pasamos, con maior ou menor asiduidade, que eu poida recordar, Juan Diego Riera, Xurxo Porritt, Alicia Castro Cabaleiro, Alfonso Martínez Jiménez, Eduardo Pahino, Carlos Príncipe, Manuel Campillo, Carlos Meixide, o seu irmán Manolo, Maruxa Cal e a mesma Magdalena Garabatos, onda conocín, tamén xentes do FRAP. 

Non estou certo de se algo argallouse do comando do primeiro de maio no Troncal entre esas paredes pero ben puido ser. Certo que algúns de nós tratamos asuntos das nosas actividades e certo tamén de que se falaba de política e había afinidades contra Franco e o seu réxime de ditadura terrorista.

 Noutros eidos, citar algunhas peculiaridades de Mela, como a sua afección polo esoterismo e as prácticas das psicofonías que quedaban rexistradas nun magnetófon ou o xogo da Güija ( Grafía RAE). O caso é que éstas e outras actividades axudaban a pasalo tempo.

 Xa morto Franco topei con Mela na Rúa González Sierra onde a tenda de motos ANCA, era o ano de 1979, nas vésperas de eu incorporarme ao campamento de Colmenar Viejo en Madrid e despois á Acorazada Brunete. Faloume ben do PSOE, aí tiña postas as suas esperanzas, animándome a ingresar nese partido, ao que vía chamado a gobernar no curto-meio prazo. Non se trabucaba.  Mais coido que non  chegou a poder ver cumprido ese vaticinio da sua sapiencia esotérica e politolóxica. Non duraron moito os seus días. Mela fora apartidaria ou suprapartidiria, nembargantes debe ser destacada a sua membresía na organización Socorro Rojo Internacional, organización antifascista. 

Naquel Vigo do tardofranquismo a hospitalidade de Mela cos que empezabamos a despuntar na rebeldía merece ser recordada e agradecida. Para nós Vigo non sería a mesma cidade solidaria e os nosos recordos estarían mancados do intenso desas vivencias. 

Saúdos saudosos, Camarada!!! 

jueves, 13 de noviembre de 2025

25 de Xulio de 1975

No Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela, ao abrigo das sombras de Rosalía de Castro, Alfredo Brañas , do cartógrafo Domingo Fontán de Portas e dos cambadeses, o escultor Francisco Asorey e o poeta da raza Ramón Cabanillas ( Castelao non chegaría ata o ano 1984 nunha crispada inhumación) anualmente tiña lugar a celebración dunha misa e ofrenda floral dos galegos emigrantes en América en loor á matria lírica e outros petrucios. 

Nese ano 1975 o nacionalismo galego presenta unha nova organización frontista, aglutinante de variadas praxes sociopolíticas, coa denominación de AN-PG ( Asamblea Nacional- Popular Galega). Coido que este ano marcou o despegue da esquerda nacionalista en canto a poder de movilización respecto a convocatorias anteriores baixo o franquismo, moi minoritarias. 

Nise verán do 75 nos festivais de Castrelos en Vigo, desde as gradas do anfiteatro, resoara por primeira vez, con forza, a consigna :  "Vintecinco de Xulio, Todos a Santiago ". Panfletos voaron no ceo da noite e algunha estreleira que eu antes non vira era paseada antre o público. Emocionante. 

Algúns consideramos asistir pola nosa conta, coma ben puidemos, maiormente en autobuses de liña regular. Segundo chegabamos a Compostela a garda civil metralleta en man, mesmo detendo e revisando algúns dos autobuses. Ao baixar, xa en Compostela, o balbordo ledo, a animación das Festas do Apóstolo.

 Encamiñamos a encosta de San Domingos, vixiada pola gristapo e polis de paisano, participamos da liturxia e ofrenda. A saída tentouse iniciar unha manifestación, voaron consignas patrióticas e panfletos, recordo a Bautista Alvarez, que xa era dabondo coñecido nos reducidos círculos dos que militábamos. En cousa de poucos minutos para algúns de nos todo rematara nos calabozos da comisaría santiaguesa .Entre os detidos do noso pequeno grupo, Marina, Mani, Vicente, Alfonso Martínez Jiménez, eu mesmo e algún máis. Fomos interrogados e postos en liberdade ao longo das seguintes vinte e catro horas. Non sei que sorte correran os outros detidos. 

Ese ano 75 foi o do peche do instituto, o do meu expediente e outros que deu na miña expulsión, o do comando do Troncal e asasinato de Manuel Montenegro Simón, detención en Vigo, en Santiago e marcha a París e todo o que alí aconteceu. Non teño dúbida foi o ano de maior trascendencia da miña vida. A detención de Santiago acelerou a marcha mentres se arranxaban as cousas do acordo de Maio en Vigo para preparar a saída cun pasaporte que asinaba Waldo López Mazaira.

Nistes intres estou na grata obriga de recordar ao meu bo amigo M. Campillo que me acompañou a París nesa viaxe e permaneceu algún tempo polos parises e baixamos xuntos á vendima e paseamos as rúas de Dijon. Nesa despedida na estación de Vigo atopábanse, entre outros, o meu bo amigo C. Meixide, Luís López Chantada, quen tamén partía coa sua familia para Venezuela,  Juan Diego Riera, amigo e camarada, con quen máis activismo fixen, e o meu propio pai.

 Remataba unha xeira que traguería consecuencias incalculables para as nosas vidas e os movementos sociais nós que tanto nos implicamos. 


A represión facía o seu traballo e nos separaba prematuramente e ciscaba mundo adiante. Eu aínda tiña dezaseis anos. Á miña volta nada sería o mesmo, algún reencontro tardou anos, outros compañeiros e compañeiras íanse esvaecer como sombras na memoria, mais non o nome evocado dalgúns e tamén presenzas recuperadas co tempo doutros. 

Se o tango canta vinte anos non son nada, cincuenta son doblemente nada e dez de propina? 

martes, 11 de noviembre de 2025

A Crise Petroleira de 1973 e a Reforma

No contexto dos estertores do réxime franquista factores esóxenos económicos se retroalimentan cos endóxenos políticos, sintomáticos da fase terminal da ditadura, mesmo do ciclo biolóxico do coudel ou pequeno Führer Franco. Nese tempo a sua policía, os grises, recibían o nome de "GRISTAPO" por semellanza co da GESTAPO e pola sua brutalidade. As veces dáse o menosprezo da prensa militante clandestina como pura consigna ou axitación, a chamada AgitProp, ou por hiperideoloxizada. Eu quero reivindicar eiquí o seu papel formativo e destacar que nalgúns casos contaba coa colaboración de persoeiros do mundo académico baixo sinatura ficticia ou sen asinar. Tamén, claro, por estar escritas estas liñas dende o corazón quente do compromiso daqueles tempos abafantes.


Pois ben, voume referir a crise petroleira que estoura no ano 1973 ( polas decisións adoptadas polo cártel petroleiro da OPEP)) e que supón a fin dun ciclo de petróleo abundante e barato que engraxaba a maquinaria do chamado capitalismo imperialista do hemisferio norte e occidental principalmente, baseado na división internacional dos fluxos económicos nos que uns xogaban o papel de fornecedores de materia prima estratéxica, neste caso do petróleo, e outros devolvían produto manufacturado de alto valor engadido obtendo as maiores plusvalías, perpetuando a dependencia dos países abastecedores nun ciclo de desenrolo desigual e combinado.

 Falaba antes da prensa clandestina, foi nesta na que vin exposta a ligazón antre estes factores internacionais, a repercusión interna no mercado como xeradora de inflación, a carestía da vida e agravamento da crise de Estado. Esta conxunción posibilitaba argallar movilizacións por incrementos salariais acordes ao IPC que servían de ariete do MO ( Movemento Obreiro) contra a ditadura. No ano 1974 Franco deixa interinamente a Xefatura do Estado ao chamado pelele, o designado sucesor ante ás Cortes, o Borbón Juan Carlos, por mor dunha tromboflebite. Franco entraba término do seu ciclo biolóxico e as turbulencias e marexadas do capitalismo internacional non parecía acompañar un final apacible o seu réxime. O MO encontrábase á ofensiva ata que a claudicación das élites burocráticas sindicais e dos pactismos eurocomunistas e socialdemócratas asinen os Pactos da Moncha, en Outubro de 1977, como unhas das trabes mestras da Transición ou Reforma. 

sábado, 8 de noviembre de 2025

Baixada ao Pontillón 73-74 e 74-75

Á beira do río Lagares, na parroquia de Freixeiro, descendo do cemiterio e Igrexa, atópanse duas casas xemelgas de dous andares, baixos e sotos. Nestes últimos se encontraban talleres KOBER de Macías, alí traballaban os irmáns Valiño, impulsores xunto co meu pai e outros, da creación da primixenia asociación de veciños Freixeiro-A Ponte Nova. Talleres KOBER destacara na primeira folga do metal de menos de cen traballadores, aló polo 76. Recordo desta empresa ao conductor Juan ou o andaluz de apelido Copero. Pola traseira de KOBER unha empresa de téxtil nuns baixos que foran de Rufo Pérez, onde hoxe se encontra o paseo que leva o seu nome. 

No número tres da Baixada ao Pontillón no segundo andar, por aquela semilóbrego, dunhas vivendas do meu avó Adolfo Pérez instalamos dúas vietnamitas para imprimir panfletos e algunha propaganda básica coa que informar e axitar aos nosos compañeiros do instituto e do ensino vigués en xeral. Clichés, tinta e folios llos compraba a Pepe Ulloa na libraría A Esmorga con total confianza e seguridade. 

O procedimento que recordo era o seguinte. Unha vez picado o cliché, montábase no bastidor por baixo da tea e por riba extendíase a tinta, pasada de rodillo e ir secando artesanalmente co aire ambente. Unha vez secos empaquetar. Nos gardamos en ocasións esta propaganda en " buzóns" como o pombal no máis profundo dos xardíns do Pazo de Castrelos, os Tranvías abandonados en ringleiras camiño do instituto en Coia ou mesmo nalgún nicho baleiro no cemiterio de Bouzas. O obxectivo sempre pretendía o mesmo: mellorar a seguridade na distribción e reparto da propaganda e que ésta permanecera agochada en lugares públicos.

Coa axuda dalgúns sprays para ás pintadas, a oratoria asamblear e moita vontade revolucionaria empurrábamos o movemento estudantil ás rúas, pasando por asambleas e desaloxos. Non precisamos de moitos nin grandes medios materiais. 

Isto foi nos cursos 73-74 e 74-75. 

domingo, 2 de noviembre de 2025

Nuevo Rumbo

Nuevo Rumbo fue el expresivo nombre que recibió el órgano del Comité Central del PC punto. Este asemejaba en formato y presentación a la prensa diaria del momento, los ochenta, tuvo por director y supongo que como editorialista al reconocido periodista profesional Antonio Álvarez Solís, quien también fuera director de la Revista Interviú y asiduo colaborador en otras con un tono no exento de humor mordaz con intencionalidad tácita o explícitamente política.

Algunos otros articulistas que recuerde, Juan Ambou ( desde México, el PC punto tenía organizaciones en América donde el eurocomunismo tenía poco o nulo sentido) , Martínez o Martin de Jugo, tal vez Mauro Olmeda o Julio Luelmo, que considero la misma persona con distinta firma, Emilio Rincón,  Juana Doña, Armando López Salinas, Jaime Ballesteros, José Manuel Pravia y otros. Tal vez leyera en sus páginas la réplica de Carlos Tuya a Eurocomunismo y Estado de Santiago Carrillo. Tuya tenía publicado un libro sobre la materia.

 NR organizó su primera fiesta en la Casa de Campo en Madrid, con importantes actividades lúdicas, culturales y debates, con la presencia de las delegaciones del PCUS e importantes países socialistas con sus embajadas culturales, en el caso de Cuba, la cda Alicia Alonso con sus bellas coreografías. Las páginas de NR tenían una cierta estructura que daban cabida a noticias del mundo sindical y obrero, a las conquistas de los países del campo socialista, a las relaciones internacionales del frente antiimperialista y a la escalada belicista del imperialismo yanqui así como a los planes saboteadores de la Tatcher o del vuelo de sotana de los polacos Wojtila y Walesa. Frente a estos el presidente polaco Jaruzelsky. NR tenía incluso una sección de obituario, en la que se hacía semblanza de cds fallecidos sin importar su puesto en el Partido. Todos habían sido imprescindibles. 

La sede central del PC punto y del NR se encontraba en la calle Saturnino Calleja de Madrid en un edificio de varias plantas que ocupaba prácticamente una manzana con notables medidas de seguridad en su acceso y circuito cerrado de cámara desde el que se controlaba el perímetro exterior. Una vez accedías había un arco de control y superado éste se registraba el número del DNI. 

Presidía el acceso un retrato de buen tamaño del comunista búlgaro Georgui Dimitrov, adalid de las políticas frentepopulistas frente al nazifascimo en la década de los años treinta del veinte. G. Dmitrov fuera secretario general del Kominfor, se encontraba en Berlín en marzo de 1933, en compañía de dos camaradas búlgaros como él, cuando se produce el incendio del Reistach, siendo acusado como inductor. Asume su propia defensa dándole la vuelta a las acusaciones, haciendo el papel de fiscal de los nazis. Posteriormente liberado,  internacionalmente aclamado por su alegato de defensa, desempeñará un liderato indiscutible en la conducción del movimiento comunista internacional hasta su vuelta a Bulgaria. 

Retornando a los ochenta y aquella deseada guerra galáctica de los imperialistas, cito unas palabras del cda Antonio Gades, probablemente reproducidas en las páginas de Nuevo Rumbo, si no literalmente, algo así : " Si hay guerra en la Galaxia habrá partisanos para cambatir en las estrellas". 

Hagamos ahora una pausa en el rellano de esta historia.