viernes, 25 de abril de 2025

Bergoglio Francisco

                A modo de Introito 
Non son experto en temas vaticanos, pero estes días ándase a voltas especulando co cónclave ( con chave, etimolóxicamente) e o novo Papa que sairá electo. Barallánse tres opcións doctrinais, teolóxico- políticas, por así dicir. A primeira, un movemento pendular, de signo contrario ao pontificado de Francisco. A segunda, a escolla dun ecléctico, transaccional, antre unha reacción pendular conservadora e o que denominan continuismo. A terceira, o afianzamento e aprofundamento do legado de Francisco. 

Outros sesgos valorativos, son a relación eurocéntrica coas periferias. Francisco procedía dunha delas. Noutros termos de observación, a pregunta de se voltará ser o próximo papa europeu ou periférico, outorgándolle ao signo da resposta, segundo algúns, valor alén do testemuñal. 
                  Jorge Bergoglio 
Deixando estes elementos contextuais inmediatos ímonos adentrar con brevidade noutra descripción contextual máis lonxana. Falo do corralito na sua Arxentina natal, nos tempos da presidencia de Fernando de la Rúa e algúns outros Daquela os presidentes non duraban cáseque nada, unha hiperinflació de varios díxitos, o movemento dos piqueteros, mortos nos barrios.

 Jorge Bergoglio, toma a opción dos máis pobres e desesperados e nos arrabaldes vetados mesmo para as forzas policiais, Bergoglio ten o paso franco e chega coa forza da sua palabra e compromiso cos desposuídos. Eis o seu contexto orixinario. Cos anos, no 2013, chegará ao solio pontificio.
                      Legado
Nunha xeira dunha ducia de anos Francisco foi desenvolvendo unhas liñas xerais incubadas en boa medida na Teoloxía da Liberación na que zugou o néctar das rebeldías dos condanados da terra. Nun resumo de urxencia destacar dous eixos fundamentais. O seu compromiso a prol da Paz, fronte aos conflicto vivos da Ucraína ou de Palestina, sobranceiramente nestes anos na Franxa de Gaza, subxacentes os principios éticos e morais da equidade e a xustiza. Outro a sua opción polos pobres e marxinados de toda caste e condición, unha Igrexa pobre, dos pobres e para os pobres, fidel ao sentimento e intención prístina dos evanxeos, unha pastoral restaurada dos tempos encarnados de Xesús polo mundo, unha teoloxía antropocéntrica para a redención espiritual e tamén das necesidades materiais de fogar e sustento, nese senso tamén materialista. 

Como corolario do anterior, a descolonización da Natureza en toda a sua biodiversidade ecolóxica, nunha liña moi axustada ao Santo de Asis, de quen tirou o nome papal. 

Un apunte final nestas esquemáticas liñas, a conxugación da denuncia e persecución da pederastia cunha maior comprensión e compasión evanxélica cos homosexuais, pedra de escándalo para non poucos e que nos amosa un legado nada elusivo e valorizador tamén do papel dos media, perante os cuales de xeito frecuente e cun espírito de apertura Francisco manifestaba o verbo, a palabra. 

XUR O'PONTILLÓN, Agnóstico Baptizado.