martes, 2 de abril de 2024

Altri: Colonialismo interior

En 1967 Robert Lafont publica " La Revolution Régionaliste" en Éditions Gallimard, París. O libro é traducido ao castelán no 1971, editado por Ariel. O capítulo terceiro do libro desenvolve o concepto de colonialismo interior.

 Xosé Manuel Beiras introduz o concepto, aplicado ao caso galego, no seu libro "O Atraso Económico de Galicia" . O capítulo catro do libro de Lafont leva por título "Conciencia rexional ( dígase nacional, engado eu) e conciencia histórica. No caso galego, a conciencia histórica atinxe a sua integración forzosa e dabondo forzada no denominado EIE, Estado Imperialista Español ( ver Castelao" sodes uns imperialistas fracasados "). 

No caso de ALTRI, topámonos cun proxecto das denominadas economías de enclave, de corte neocolonial, quer dizer que non completa o ciclo productivo de maior valor engadido, exportando o producto a destinos alleos, é suxa e altamente predatoria cos recursos locais, destruindo ou afectando gravemente ás economías xa establecidas no territorio. 

A outra faciana do proxecto ALTRI é o relacionado coa UE, a Unión Europea. Nefeuto, ALTRI pretende instalarse, ao abeiro dos denominados cretos NEX GENERETION, orixinados na crise da COVID ( a extinguirse no 2026, hai unha certa premura no asunto nesta altura ), dos que o oitenta por cento sería transferido e xestionado pola Xunta( de aí supoñemos o interese de que sala o proxecto adiante) e o outro vinte por cen polo Governo do Estado. 

Fondos destinados ao financiamento de proxectos transfronteirizos, entre outros destinatarios coa resiliencia como pano de fondo declarado , ( ALTRI é de orixe portuguesa, expulsada do seu mercado primixenio, por mor duns devastadores lumes, que deron na prohibición de novas prantacións de arcolitos, materia prima indispensábel para unha pasteira). De aí tiramos a consecuencia do efecto perverso das economías subsidiadas. 

Nas tebras, operando como conseguidores ou muñidores uns despachos lobistas, dise, nos que topamos ao lucense Pepe Blanco ( PSOE) e Alfonso Alonso ( PP). Certo que esto sería asunto secundario, o importante é percibir a distancia ou mesmo a oposición entre as intencións declaradas e as consecuencias da pertenza a unha macroestructura que asigna e distribue roles espaciais e de xeografía humana. A nós, ESPAZO COLONIAL.