Vértice tricontinental de encontro entre América, África e Europa, nos anos sesenta e setenta do pasado século, a Revolución Cubana feita cerna e representación na efixie sobranceira de Fidel.
A Revolución entrando trunfante na Habana en Xaneiro do cincuenta e nove , proxectando o seu fulgor nos lustros vindeiros.
En Indonesia no ano 1955 tivera lugar a Conferencia de Bandung, que convocara a líderes, principalmente de Asia e Africa , dos territorios emancipados do colonialismo. Entre eles, Sukarno, Nehru ou Nasser.
Como proxección deste econtro no ano 1961 en Belgrado constitúese o MPNA(Movemento de Países Non Alineados). Como pano de fondo a Guerra Fría . O MPNA sintetiza os principios do desarme nuclear, neutralismo e antiimperialismo así como un desenvolvimiento económico autocentrado e baseado na equidade más relacións internacionais.
Conflicto vivo destacado, nos sesenta e primeira metade dos setenta na península de Indochina, a intensificación da Guerra en Vietnam, herdanza do colonialismo francés nás gadoupas do Imperio gringo.
Neste contexto, nos sesenta, emerxe a figura imponente de Fidel Castro liderando Cuba rebelde. A presencia e intervención na Asamblea da ONU e posterior entrevista con Jruschov iniciará unha singular proxección xeopolítica da Illa e do seu comandante que chegará ao clímax na crise dos misís de 1962. Un territorio relativamente pequeno cobrará unha trascendencia global nas relacións internacionáis, máis alá do seu espacio hemisférico.
Cuba será un espolón no costado do imperialismo ianqui. Os primeiros anos da Revolución serán coetaneos da administración Eisenhower e de John Kennedy, baixo esta última presidencia se darán feitos decisivos na consolidación da Revolución e do lanzamento como figura de primeira orde de Fidel. Son os anos das expropiacións de terras das Corporacións Norteamericanas e o inicio da Reforma Agraria cantada por Carlos Puebla e as conseguintes medidas do inicio do bloqueo e embargo. Tamén baixo Kennedy a política de desembarco en Baía Cochinos, derrotada, e finalmente a grave crise dos misís que porá a Fidel, Cuba e a Revolución no epicentro da encrucillada da Guerra Fría, como dicíamos máis arriba.
Estés feitos marcarán a ferro o devir da posición cubana no cenario internacional nos seguintes lustros, e aínda décadas, impriméndolle un carimbo indeleble, unha pegada perdurable. Xa coa chegada das independencias africanas do Imperio portugués e no caso de Angola, aló pola metade dos setenta do pasado século, a operación Carlota bríndalle apoio ao MPLA de Agostinho Neto frente as inxerencias de Zaire e Suráfrica, contribuíndo ao fin do apartheid nesta e a consolidación da independencia Angoleña nos anos da segunda metade dos setenta, oitenta ata inicio dos noventa.
No taboleiro da Guerra Fría foron os anos da DETENTE, dos que foron precursores a Ostpolitik de Willy Brandt e xa a finais do 75 os Acordos de Helsinki e os diferentes econtros sobre limitacións de armamento estratéxico entre Brezhnev e as administracións Nixon e posteriormente Carter, expresadas nos SALTs.
Chegados os anos noventa, coa desaparición da URSS e do CAME, a Revolución Cubana entrará no denominado Período Especial. Fidel manteráse firme, sen concesions aos cantos de serea. Ahí se completará o Século Vinte e un ciclo iniciado en Sierra Maestra e posterior entrada na Habana en Xaneiro do cincuenta e nove.
En todos estes longos anos Fidel e a Revolución aparecen fundidos nuha soa peza. Dende a atalaia da Historia, Fidel asómase coma un Titán no cimo máis elevado do noso tempo, nos mellores debates e na máis esixente praxe política.