viernes, 22 de marzo de 2024

Óscar Lomba Álvarez

Conocín a Óscar a miña volta á cidade viguesa após catorce anos de ausencia, con breves estancias pola miña banda. Foi na consulta do doutor pediatra, o que fora Alcalde de Vigo, Carlos González Príncipe, vello camarada dos tempos da clandestinldade, cando ele estudaba en Pamplona, eu todavía era alumno de secundaria. 

A miña visita tiña por obxecto recabar apoios, sinaturas e outros, a prol dun paseo á beira do río Lagares, en honra ao matemático Rufo Pérez, nacionalista de esquerdas e gran docente. O obxectivo acadouse xusto no primeiro cabodano do seu pasamento. Tal meritorio propósito propiciou inopinadamente o encontro con Óscar, como dicía.

 Andando o tempo, co transcorrer dos anos, callaría nunha nova amizade e colaboracións, como, entre outras, a creación de NOFU, Asociaciones no Ollo do Furacán, a colaboración na organización de actos co cura obreiro Bieito Santos (SJ), da Asociación Fernando Hoyos e con Bernardino Crego do Centro Portugués. 

Con Óscar teño mantido frecuentes conversas arredor de numerosas lecturas e autores, podendo comprobar o seu extenso coñecimento de materias, sendo ámbolosdous amigos de publicar escritos de divulgación inspirados non confesamente nalgunhas desas lecturas, mesmo tenme agasallado con libros que na miña pelerinaxe foran quedando no faiado da memoria, algúns nunha cave parisina. Falo de Foucault, Castoriadis, Deleuze, Bataille, Barthes, Sartre, Bourdieu, De Beauvoir, Grillet, Renan, entre outros. 

Acompaña a afección polas lecturas e as reflexións outra paixón común, a  implicación política, na esquerda, dende moi novos. Neste punto e seguido teño que facer unha aclaración, Óscar Lomba é cáseque dez anos máis novo ca min. El é un militante dos primeiros oitenta, eu un militante dos primeiros setenta. Pero a mesma pulsión política. 

Hoxe a indomeñable vocación política de Lomba exprésase na sua militancia en Podemos, non nos tempos de bonanza cando había votos e cargos senón no 2024 cando o sol do deserto racha as pedras. 

Moita sorte e azos, amigo Óscar, nesta singladura e boa arribada nas próximas europeas. Santé e Republique Galicien nunha Europa Confederal.