Nos primeiros sesenta creánse, cun intervalo de poucos meses, primeiro o PSG ( Partido Socialista Galego) liderado polo economista estructuralista e socialdemócrata na altura Xosé Manuel Beiras Torrado, despois a UPG ( Unión do Pobo Galego), partido marxista e anticolonial hacia o interior e xenericamente antiimperialista, creado na Ponte da Rocha, máis de dirección colectiva ca o PSG, máis unipersonalista. Entre os asistentes na Ponte da Rocha, Luís Soto, vido do Exilio en México, Bautista Álvarez, Encarna Otero, Maria Xosé Queizán, Xosé Luís Méndez Ferrín ou Gonçales Blasco "Foz". O programa da UPG queda recollido nunha táboa de dez pontos, a UPG debatirase entre a conformación como partido, vangarda leninista, e o frontismo. Débese aclarar, no que atinxe ao PSG, que nos seus primeiros compases beilla na corda do piñeirismo, galeguismo non nacionalista con fortes resabios do anticomunismo da Guerra Fría. Daquela irá evoluindo ata a sinatura de documentos conxuntos coa UPG. O Beiras percorrerá a singldura no ronsel dos estructuralistas Perpiñá Grau ou Robert Lafont, especialistas en economía rexional.
Xa nos setenta, arredor do 1975 - 1977, da UPG xurde a UPG Liña Proletaria e daí o Congreso Fundacional do Partido Galego do Proletariado na cidade de Vigo fronte a UPG "Patriótica dos coroneis", como o expresou o singularmente destacado escritor, patriota e comunista Xosé Luís Méndez Ferrín. Nas primeiras eleccións municipais do 79 nace en Vigo a Agrupación Electoral Galicia Ceibe, encabezada polo catedrático, de berce navarro, de Filosofía no Instituto Santa Irene de Vigo Leonides de Carlos y Ardanaz, na compaña de xentes da esquerda independentista viguesa, como o economista Pousada Covelo, o traballador de ASCON Ricardo Castro Pereira, o matemático Rufo Pérez ou o mestre das letras Méndez Ferrín, entre moitos outros. Xentes do PGP foran noutras candidaturas noutros concellos, cito a Antom Arias Curto por Unidade Galega no Concello de Monforte de Lemos. Considero que o Partido Galego do Proletariado e Galicia Ceibe foron quen de retirarlle o velo tramposo á Reforma e as suas trapalladas. Coido tamén que o que representou o PGP e a Posición Soto, hoxe ten a sua plasmación no proxecto en marcha do Partido Comunista pola República Galega ( P. C. R. G.).
Coetaneamente teño para min que a presenza na escea política galega da ANPG ( Asamblea Nacional Popular Galega) no mes de Abril de 1975 supón o gran salto adiante, cuantitativo e cualitativo, do nacionalismo galego con base movilizadora, Na sua estrea en San Domingos de Bonaval no Día da Patria de 1975 percibimos aquel salto adiante que máis arriba comentamos e unha represión menos difusa, máis directa,que acadou a sua máis dramática e dorosa expresión no asasinato do patriota galego Moncho Reboiras o 12 de Agosto en Ferrol.
Agora xa no 1976, após a morte de Franco, fai a sua presentación o Consello de Forzas Políticas Galegas, integrado polo Partido Galego Socialdemócrata, o Partido Socialista Galego e a Unión do Pobo Galego, con dous documentos, un máis económico, no que se presentan propostas a prol dos traballadores e camadas populares xunto a medidas de planificación económica e criazón dun sector público galego nas áreas de produción, distribución e sector financeiro e do creto, supoño que inspiradas no coetáneo e viciño exemplo da revolución dos cravos portuguesa de marcado carácter socializante e outras procedentes da tradición democrática galeguista ( cooperativismo no Partido Galeguista). O segundo documento da Plataforma é máis político e contén as bases constitucionais para un pacto confederal da Nación Galega e de Governo Provisorio Galego ( aquelo de Estatuto nunca máis. Bases Constitucionais ). Non entramos eiquí en detalles do seu contido polo feito de ter quedado no papel e impoñerse a Reforma prevista polas oligarquías políticas e económicas do tardofranquismo. Senón houbo Bases, pola base, o nacionalismo medraba co seu arraizamento no movemento obreiro co SOG ( Sindicato Obreiro Galego e outros de Sevizos, como Ensino, Banca e Sanidade), polo vizoso movemento asociativo cultural e por suposto pola defensa do idioma e da terra ( Castrelo, Encobras, Xove...). Xa coa posta e marcha da PreAutonomía co lobby Realidade Galega, A Rosaleda e o Grupo COREN Franqueira patroneando ao carón doutros cacicatos das Deputacións chegamos as primeiras eleccións da Autonomía nas que o BNPG acada uns inmerecidos e máis ben escasos resultados electorais que levan tres actas ao parlamentiño e aínda pior expulsos pola aplicación ilegal retroactiva dunha reforma do reglamento da Cámara que impuña xurar a Constitución Española ao que se negaron os do BNPG-PSG, Bautista Álvarez,, Lois Dieguez e Claudio López Garrido. Esta xeira conclúe para min coa volta de Xosé Manuel Beiras á tribuna política na Asamblea de Riazor, na Coruña, a finais de 1982, na que se reformula o nacionalismo galego cun senso máis institucional e pragmático para navegar polo novos tempos e non ficar excluídos das institucións. O BNG preséntase como a conclusión da unidade do nacionalismo.
Ma Non Troppo