lunes, 13 de julio de 2026

Raza, sangue, chan e cidadanía.

Nestes días apreséntase con certo rebumbio ou barullo en redes unha opción política autodefinida nacionalista, identitaria hespañola, co eixo programático central na chamada reemigración e unha apelación ao solo físico e cultural europeu de raigame cristiá, entendo un tanto irónicamente da miña banda que fincado no sustrato medieval de monxes-cabaleiros, guerreiros, portando o Santo Grial, co sangue de Cristo nun copón místico.

 Wagner en Parsifal contra o xermanismo pagá do mesías de Zoroastro.

 A proposta 20 N, n de núcleo e de novembro, leva aliños ou adubíos " antisemitas", contra a eisistenza do estado de Israel. NN se postula antiliberal e contra o poder financieiro, desbarran en fantasías xenetistas, euxenésicas e subrepticiamente eutanásicas, sequer por omisión, de vidas que "non merecen" ser vividas, preservadas, polo Estado Racial Nacional. 

Supoño que NN defenderá a supremacía racial caucásica. A fusión do Sangue, herdanza xenética, co Chán, solo físico - cultural, irrigado pola efusión do sangue derramado do Grial, será incompatíbel con calquera abstracción discursiva dos dereitos universais de cidadanía. O ecoar de Gobinau e de J. De Maistre peta outra volta as portas muradas. 

Novamente Cristo Rei e a espada artúrica atravesando os corazóns dos irredentos e dos coitados. Nen liberalismo, nen marxismo, nen xudaísmo, din eles. 

Nós retrucamoslles, vítores a Rosa Luxemburgo, lituana- polaca-alemana-xudea, internacionalista, marxista, asasinada polos freikorps, antecesors xenéticos destes NN.

 O fascismo se cura viaxando pola Historia e sobre todo Militando contra as vaguedades neboentas hiperboreas.