domingo, 2 de octubre de 2022

Defensa do traballo decente

O vindeiro xoves seis de outubro deste 2022 vai ter lugar a celebración da octava edición da xornada mundial polo traballo decente. No programa previsto, a desenvolver as 20.30 horas, terá lugar a presentación do caderniño "A presenza da Igrexa nas movilizacións obreiras de 1972 en Ferrol e Vigo". Contará coas intervencións da avogada laboralista Elvira Landín Aguirre, do crego obreiro xesuíta Bieito Santos e do traballador xubilado de Citroën Lois Calvo. Contará tamén coa asistencia do Bispo, Luís Quinteiro Fiuza. O lugar onde nos atopemos será o salón de actos da parroquia Sagrado Corazón, na rúa Rosalía de Castro. Entre os convocantes, Cáritas, CONFER, HOAC, Xustiza e Paz, JEC e JOC.

No que atinxe ao caderniño a presentar neste acto dar breve reseña da súa estructura. Consta de trinta e oito páxinas, seis epígrafes, un cuestionario engadido, como anexo a homilía de Monseñor Arauxo, bispo na altura do ano 1972 da diócese de Mondoñedo-Ferrol e unha sucinta Bibliografía e relación das fontes consultadas para este traballo. Extraigo a cita dalgúns dos epígrafes do caderniño: o número dous, o contexto eclesial, os números catro e cinco, a implicación da Igrexa nas áreas de Ferrol e Vigo nas movilizacións obreiras, o epígrafe seis a conclusión da exposición a anterior.

 Interesa remitir tamén á publicación da revista Encrucillada, no seu número 227, de marzo - abril do presente ano 2022. Na páxina 63 deste número aparece o comunicado do actual bispo da diocese de Mondoñedo - Ferrol, Fernando García Cadiñanos,sobre os feitos acontecidos o 10 de Marzo de 1972 en Ferrol con motivo do 50 aniversario destes luctuosos sucesos. Finalmente animar a asistencia a este acto o Xoves, día seis, ás 20.30, na parroquia do Sagrado Corazón. Estamos todos convidados.