jueves, 2 de enero de 2025

Quico Domínguez Galeguista

Recén finou Quico Domínguez co alborexar deste 2025. Onte, Día de Aninovo, despedímolo no tanatorio de Pereiró en Vigo. 

Non vou facer un percorrido pola sua biografía cultural e política, dun home que chegou a cumprir os oitenta anos, boa parte deles de vocación de servicio público. Vou tan só referir algúns momentos de encontro con Quico no meu retorno a Vigo.

 O primeiro quizais foi nuns traballos de catalogación como voluntario na Fundación Penzol que el dirixía. Pero cando falamos de vagar foi na recollida de apoios á solicitude dun espacio público para a memoria do profesor de matemáticas do Instituto Santa Irene das Travesas,  Rufo Pérez, que deu nun paseo á beira dun tramo do río Lagares.

 Destacar na personalidade de Quico Domínguez a sua xenerosidade no apoio para acadar tal fin. Daí en diante houbo un trato máis ou menos frecuente sempre cordial. 

Xa en datas máis recentes nun recoñecemento público ao crego obreiro xesuíta Bieito Santos, que Quico contribuíu a darlle alento, tiven ocasión de pasarlle a palabra nunha intervención brillante, vibrante e emotiva. Quico Domínguez era moi bo orador. 

Xa a partires dese momento o coñecimento e recoñecemento foi mutuo. Dese acto no Colexio Bellavista saleu a iniciativa dun libro de conversas na Editorial Sept, de Silvestre e Quico co crego Bieito Santos.

 Quero engadir que nos tempos da chamada transición Quico animara a creación do Partido Galego Socialdemócrata e contribuíu tamén á reconstrución do Partido Galeguista. 

Estas breves liñas son de respecto e admiración a un bo, intelixente e xeneroso que deixa pegada na nosa memoria, loitador en moitos eidos, un deles destacado, pular pola liturxia cristián na lingua própria, a galega, coa que foi despedido polos seus. 

O meu agradecimento a Obdulia Veiga e Carlos Meixide que me forneceron a triste nova do seu pasamento e a miña aperta a sua viúva Maribel e aos seus fillos Sabela e Humberto. 

Remato esta necrolóxica agarimosa cun Descansa en Paz, Amigo. XUR