domingo, 19 de octubre de 2025

Nacionalismos e Izquierda

Este epígrafe hay que situarlo en el contexto del surgimiento de ese constructo histórico del denominado Estado - Nación, por tanto carece de cualquier sentido una vaporosa apelación a los nacionalismos e Izquierda en espacio etéreo, ucrónico, desubstanciado de carga conceptual de contorno o perfil histórico. 

La Historia hace surgir la noción de nación, valga la expresión, e inescindible de ella la idea de Estado como afirmación y conservación de la figurada preexistente nación. Por debajo de esto la instancia legitimadora, la idea de pueblo, gens o tribu que impone su dominio sobre un territorio. En el proceso histórico de erección del Estado observamos como Éste, figura militar y jurídica, va imponiendo su dominio a pueblos y territorios insumisos, refractarios a su reclamo imperial. 

Con la siembra preparatoria del enciclopedismo y la ilustración, de ese surco y de los antagonismos sociales surge la Revolución Francesa, los clubes revolucionarios, logias, sociedades herederas del gremialismo medieval, el Tercer Estado y la terminología topográfica al tiempo que ideológica izquierda /derecha.

 Con la posterior Revolución Industrial y la emergencia del MO ( Movimiento Obrero) éste quedará alineado en la Izquierda. Las Revoluciones europeas de 1848  asociaran las reivindicaciones democráticas de las nacionalidades, expresión programática de los movimientos nacional - populares, con las de los movimientos emancipatorios de los trabajadores y sus propuestas federativas ( algunas de éstas de inspiración y raigambre anarquista). .

En el contexto del pasado siglo veinte, ya desde su tercera década, acentuado en el transcurso de la guerra del 1936 - 1939, y con mayor énfasis y claridad, por decantación histórica, de la mano de la UPG ( Unión do Povo Galego) a comienzos de la década de 1960, con incursiones en los 40 y 50, se establece la ligazón entre lucha de clases y nación proletaria como sujeto histórico portador de Soberanía Anticolonial. 

Procesos semejantes al caso galego , mutatis mutandis, se darán con mayor o menor grado de madurez y variada textura en las otras nacionalidades existentes bajo el Estado Español ( Euskadi, Paísos Catalás y Canarias). Esto llevará a una panoplia de variadas reacciones y respuestas de la Izquierda Estatal, desde jacobinos unitaristas, federalistas declamatorios o retóricos hasta cosoberanistas, entre variada fauna.

2025. Y en eso estamos.

 

jueves, 16 de octubre de 2025

Sira e José Antonio. Casa Roucos

Empecemos polo principio, unha historia tamén pode empezar polo final ou por calquera momento intermedio. Falo de Casa Roucos na encosta ou pendente que debala mariñeira de Santa Marta poñendo proa ao recinto conventual dos franciscanos, de raigame qincuecentenaria, vixiante da nosa baía. 


Para min o principio son os nomes de Sira e José Antonio e non falo da xenealoxía histórica do establecemento polos cincuenta do pasado século. Eles, solícitos e falangueiros, son o maior elemento patrimonial, material e inmaterial, corpo e alma, do Roucos.


 Pretencioso da miña banda louvar os viños e os manxares da casa. Non son eu crítico gastronómico dese nivel. 


Póñovos en situación. O pasado once de setembro, Diada Nacional de Catalunya, vémonos e partillamos mesa, mantel e farra amigos de hai máis de corenta e cinco anos, algúns de máis de cinco veces dez. Cito, Carlos Meixide, os irmáns Arturo e Fernando Rosendo, José Quintillán, Pascual Martín e Alfonso Martínez Jiménez. Primeiro cocido da tempada, copioso e moi variado de carnes, ceboleiro, botillo e androlla. Outros entrantes de mar, pementos de Padrón, filloas de sobremesa e tarta de Santiago de abundante e selecta améndoa .Viños Rioja e Mencía de diversa denominación de orixe, non vou describir texturas e sensacións ao gustativo, licores, cafeses... A cociña á vista, directamente dos fogóns á unha mesa longa nun espazo recoleto presidido por un Pantocrator polícromo de Xabier Lemos. O binomio Laxeiro- Casa Roucos indisoluble. 

Numerosos instrumentos musicais e un cancioneiro ao noso dispor : Habaneras, Rumbas, Guajiras, cantes de ida e volta, as cantigas que popularizaron A Roda e Suso Vaamonde, primeirizamente pola contorna que as veces acompañamos , moi preto do Roucos, polo Chao, Rúa San Vicente, no Chavolas, na Taberna da Viuda e así. 

A invitación, máis ben a incitación ao canto co cancioneiro enriba da mesa de parte de José Antonio e da sua irmá Sira, cousa de terlle en moito aprezo. Onde se canta se viven con outra intensidade e máis matizadamente as emocións, o rexistro canoro, vocal pode tinguir de cores, non menos que a paleta do pintor, o cenáculo desa que chaman Capela Sixtina ribeirán co que baptizaron o Roucos, segundo hermenéutica do que foi máis de vinte anos párroco, Miguel Valdivieso, dí él, Capela Sixtina porque gusta, sen engadir máis. 

Para min Casa Roucos é epítome de franciscanismo e mar. 

Quen mellor puidera expresalo é o historiador Xosé Luís Mateo, homónimo do Mestre Mateo, e tornamos á mestura entre Roucos e Compostela, Camiño Portugués da Costa. A parada e fonda na Casa Roucos debera ter indulxencias plenarias, estación gozosa no rosario daquelas outras " capillas", así dicían na Rúa de Santiago aos bares, idas no devalo do tempo, camiñando nas sombras, penso nas suas proximidades, no Bar Mascato, en Casa Armando ou na Esquina.

 O Mascato encerra no cofre da miña memoria algúns segredos ben gardados, por frente do Mascato a carpinteiría de Dorrego da miña nenez na compaña do meu avó Adolfo Pérez tamén ebanista e carpinteiro.

 Voltamos a Casa Roucos para darlle a despedida a Sira e Jose Antonio botándolle a derradeira. 

E o tempo dirá. 

XUR O'PONTILLÓN 

domingo, 12 de octubre de 2025

Entre Rejas

Esta mañana dominical de un límpido otoño, cielos satinados, sin mácula de una sola nube, con frescor en la cara a la altura de la acera volada, marcha un tanto forzada y renqueante, dirijo mis pasos por Elduayen a la sede de CNT en las Galerías de Príncipe. 

Media mañana. Primera Feria del Libro Anarquista y Social, tercera jornada. Presentación del libro Entre Rejas, intitulado, "y otros episodios antiautoritarios" , ediciones Fantasma, de la autoría del salmantino Emilio Peroti. El volumen lo integran tres relatos comprendidos en 240 páginas de amena lectura, inspirada su composición en aquella literatura popular serializada, de folletín para masas obreras que descubrían la lectura, los que podían por alfabetizados y capacidad económica, en este formato. Así nos lo cuenta Peroti en la presentación de esta mañana.

 Tres relatos, con sus tramas y subtramas, tres momentos históricos y localizaciones diferentes. La más cercana, el mundo de las prisiones en la segunda mitad de los setenta en el Estado Español y las revueltas y amotinamientos de los presos denominados comunes o sociales, orillados por las sucesivas amnistías parciales. El segundo relato nos sube a la alfombra oriental para transportarnos a la milenaria China, el País del Medio. Entre primaveras y otoños, reinos combatientes, la sagacidad de Lao Tze y sus consejas al Emperador, desde el camino del Tao, de que no gobierne o sino acumule el menor poder posible, en forma un tanto sugeridora y enigmática, cohabitando, eso si, Sabiduría y Palacio. Finalmente, Aníbal en Helmantika, partiendo de la consideración del interior de la península de tierra de íberos, lejos del levante litoral ocupado, la resistencia de aquellas tribus, aldea gala mutatis mutandis, asilvestradas, a un poder impuesto por las armas. Con las armas te muestras, por las armas te echamos. 

Multilocación histórica y multicronía no simultánea, resistencia siempre. "Entre Rejas", los de adentro y los de fuera, sin que se muestre una línea diafana de separación. 

Emilio Peroti si nos muestra una entrada y salida, la lectura, el libro como juego antiautoritario, como disolución imaginaria del Estado - Capital. 

domingo, 28 de septiembre de 2025

Comisión 27 de Setembro

                   Escena Un
Corrían os días do ano 1995 Xurxo Porrit regresaba da Illa de Chinerfe en amazhig ( Tenerife) coa sua compañeira e unha meniña de meses, celebramos o reencontro cun xantar nun día caloroso, canícula estival, na terraza dun piso alto, onda a Rúa Tomás Alonso enfía contra o arborado e Palco da Música da Alameda alcalde Suárez- Llanos da vila mariñeira de Bouzas. Como era habitual nestes recordos da vella militancia poñemos o retrovisor e xurden unhas evocacións moi vívidas daqueles tempos xuvenís, mesmo tempo adolescente. Espigada nos recordos a presenza senlleira dos derradeiros fusilados do fascio, recortadas as figuras de Sánchez - Bravo Solla e Xosé Humberto Baena Alonso, por vigueses e ter compartido algúns intensos momentos da militancia común antifascista, eles no PCE ( M-L) - FRAP, nós na LCR. Reparamos na altura dese 1995 nun aniversario que pareceunos redondo de vinte anos, duas décadas, daqueles feitos tinguidos co carmesí do sangue revolucionario. Xurxo Porrit, home de acción directa, na miña memoria un dos principais animadores dos comandos de autodefensa da Liga, me propón facer unhas pintadas recordando aos compañeiros do FRAP. Eu retrúcolle que me dea algo de tempo para pensar na posibilidade dalgunha programación de actos na nosa cidade de memoria e honra aos antifascistas.
                     Escena dous
Tras estes limiares vai para adiante a creación da Comisión 27 de Setembro. Eu asumo entre outras tarefas a de pecharme no Arquivo Municipal, sito nun soto do concello, durante catro meses e nese " zulo", non é amplo para traballar, arrecadar información dos diarios do momento, está depositada a colección do xornal El Pueblo Gallego, ben custodiada polos empregados municipais. Puntualmente, decote, Xurxo Porritt recollíame na casa á primeira hora da mañá e levábane e traía do arquivo. Tamén falo co xornalista de Faro de Vigo Fernando Franco, quen brinda a sua amable e desinteresada colaboración para acadar novas de aquel tempo publicadas no periódico decano Faro de Vigo. Mesmo xuntárame con F. Franco e publicara na revista El Pope ( El Portavoz Periodístico) de Víctor de las Heras, un amplo reporter sobre a progración prevista para lembranza e honra de Baena e os seus camaradas e compañeiros.
                       Escena terceira 
Nas xuntanzas da Comisión 27 de Setembro ou na sua contorna participaron activamente Xurxo Porritt, Teresa Mourin, Laura Duran, Victoria Quiben, Manolo Reinoso, Celso López Pazos,  Mari Luz Maset, Antonio Palacios, Xosé Guillermo e a Fundición Nautilus , Arturo Rosendo e Xurxo R. Pérez e ocasionalmente algúns outros. Finalmente coa colaboración da empresa de Asunción Vaamonde e Nardo son montados os paneis no local da FAVEC na Praza da Princesa, onde tamén se celebraron, palestras, debates, un encontro co xornalista de investigación na revista Interviu e outras, escritor ( Sima Jinamar, cun limiar de Agustín García Calvo) ), ex FRAP, a quen coñecera dos tempos parisinos. Tamén na programación de Princesa, un recital de Suso Vaamonde e unha exposición de cadros e esculturas cedidas por artistas plásticos galegos, de menor tempo de exposición cos paneis. Outros lugares de encontro foran a Galería Sargadelos ( recital poético, Ferrín, Bernardino Graña e outros) e un acto de peche no Teatro García Barbón reformado. Posteriormente, publícase unha carpeta, ilustrada na sua capa por Xosé Guillermo. 
                         
                   Escena catro 
Neste 2025 após trinta anos da constitución " 27 de Setembro" e medio século tralos asasinatos, cimeterio de Pereiró. Celso López Pazos, gran animador do acto, grande asistencia, reaparición do PCE ( M- L), cunha vibrante e diáfana intervención do seu dirixente, Flor Baena, representante de Amnistía Internacional, Laura Quintillán coa sua mestría co violín. Revertida a situación, os que foran alcumados terroristas, agora restaurados, rehabilitados, como asasinados. Un aula da Fac. de filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, da que tamén eu fun alumno, levará o nome de Xosé Humberto Baena Alonso, recordando o seu paso nesta facultade.
                     Escena quinta 
Pola tarde, novo acto organizado pola Asoc. Memoria, Verdade e Xustiza, que inspira Xavier Moreda, coas intervencións de Telmo Varela, Suso Chaves e a colaboración musical de Santi Veloso. Neste acto recordáronse os derradeiros asasinados galegos polo franquismo: Moncho Reboiras, Baena e Sánchez Bravo. Da miña banda, emotivo reencontro coa saudosa Laura Duran, militante de primeira hora da LCR na clandestinidade, coa miña curmá Rita Pérez e o seu home Enrique Parcero, omnipresntes nos actos militantes na cidade de Vigo e Manuel Garrido.

 Remato lembrando aos ausentes presentes de tantos anos nos 27 : Xesús Vaamonde Campos e a sua dona Araceli Polo Cespón. 
Manolo Nandín, militante do PCE (M-L). 
Michel, traballador de Citroën, a quen supoño antre os vivos. 
Aos militantes do R, que perante anos mantiveron a chama. 
E a Tríada Xenerosa de Celso Pazos, Mari Luz Masset e Manolo Reinoso, xa anteriormente nomeados. 

Agradecimentos persoais para os irmáns, Emilio e Manuel Mouriño da Pastora.

 Vémonos na próxima. 


miércoles, 24 de septiembre de 2025

Labirinto da Clandestinidade

A vida ten corredores, pasadizos, camiños intrincados, intersecciones coutadas por setos e arborescencias que non deixan ve-lo bosco e que levan a ningures. Éstes camiños intersectados poderían ser o plano da miña eisistenza na altura de comezos da década dos setenta do século pasado. 

Producido o peche gubernativo do Instituto de Santa Irene en Coia en febreiro do 75 ata o comando do primeiro de Maio no Troncal, ao que eu non asistín, o percurso do meu tempo persoal ao compás do tempo histórico daquel balbordo tumultuario da reforma - transición, aparentemente desordenado, acelérase, e paso coma outros a verme detido nos calabozos da Rúa Taboada Leal. 

Fun detido, coa a oposición do meu pai, quen coñecía a algún dos policías ( entre eles o ubicuo Eduardo Otero, alcumado o Guapo ou Rock Hudson, de notable estatura, atildado, Manolito Rivera e un terceiro algo máis novo cos anteriores descoñecido para min, a Eduardo Otero coñecíao pola familia Vaamonde e algunha outra incidencia anterior) por mor do seu traballo na consignataria CONTRASA, sita en Montero Ríos, na madrugada do día dous de maio no domicilio familiar e trasladado ás mentadas dependencias policiais de Taboada Leal. 

 No comando do Troncal falecera un traballador, por disparos dun garda civil fora de servizo, disparos efectuados dende a fiestra da sua casa. O traballador falecido, alleo por completo ao comando, chamábase Manuel Montenegro Simón. Esta luctuosa circunstancia desatou un certo histerismo policial ou caza de bruxas de xentes, nalgúns círculos da cidade, indiciariamente ou supostamente relacionadas cos feitos. 

De non ser así probablemente eu non fora detido nesa madrugada. 

Un non elixe o destino. 

O trato nas seguintes horas foi de maus tratos e ameazas sen máis, co propósito de que asinara unha declaración ficticia, inventada, que eu nin tan siquer podía ler, un cheque en branco, coa promesa da miña posta en liberdade ao longo das seguintes horas da mañá. Eu negueime a asinar nada. As horas pasaban, lentamente, o tempo estiñábase, a lus do calabozo permanentemente acesa, algúns golpes, tiróns de pelo, ameazas e insultos, sen máis detalles, entradas e saídas constantes na cela na que me atopaba só. Foron unhas catorce horas. Tiña dezaseis anos, alumno de sexto de bacharelato de letras, pouco máis ca un adolescente políticamente concienciado e organizado. 

Xa nas primeiras horas da mañá conducción esposado ante a presenza dun home miúdo, de mediana estatura ou máis ben baixo, traxeado, así o recordo, cun bigodiño deses recortados, dándome a turra co recoñecimento duns feitos inasumibles para min. Eu teimaba na miña ausencia no lugar dos feitos.

 Este funcionario policial era Jorge Mosquera instalado nun andar superior aos calabozos. A terceira condución, a definitiva. 

Eu con dezaseis anos, menor de idade, o meu pai presente. Un inesperado xiro na situación. Nas horas transcurridas da miña detención movéranse pezas no taboleiro. O consignatario José Grobas Loredo, chefe do meu pai, home moi ben relacionado e influinte, que conocíame dende cativo, cando eu ía pola oficina de Montero Ríos ou acompañaba ao meu pai a bordo dos trasatlánticos Begoña, Montserrat, Covadonga ou Guadalupe e que daqueles tempos tivera comigo un comportamento afectuoso, urdira unha saída airosa a aquel impasse. Eu collería un pasaporte, o meu tío avó e padriño Rufo Pérez, á sazón, secretario do meu instituto, que xa deixara de selo, falaría co meu tío Jorge Pérez Rey, fuxido e asilado político en París dende finais dos sesenta. O meu pai encargouse xunto con Rocha e Alfonso de fornecerme divisas, os francos franceses dos que dispuñan en caixa na consignataria e suplementariamente dólares americanos. En troques, o meu compromiso de non axir políticamente ata a miña marcha e non voltar senón após a morte de Franco, O Vello, agarimosamente dicíanlle eles. Felizmente aceptei. Foime entregue o pasaporte, asinado por Waldo López Mazairas. Unha curiosidade, o pasaporte excluía a posibilidae de viaxar aos países socialistas e facíao constar nun selo estampado nunha das suas follas. Había un que me sorprendera polo nome e por descoñecelo, Mongolia Exterior. A miña volta foime retirado o pasaporte e fun citado en duas ocasións, a segunda para comunicarme que todo aquelo para min rematara. Agora, pasen e lean.

Advertencia: os artigos deste volume non están secuenciados de xeito lineal. Poden ser lidos en calquera orde independente, a mesma liberdade que se lle ofrece ao lector queda reservada para o autor é como se barallaras un mazo de cartas e calquera que saíra tiver senso per se aínda que para xogar se poñan en relación. 

Algunhas das localizacións dos feitos contados transcorren nas cidades de Vigo, París, Dijon, Barcelona, Zamora, Compostela e posiblemente outras. 

Finalmente, este volume non é unha novela se ben podes facerlle a lectura que ti queiras.

Ao lector descoñecido. 

lunes, 22 de septiembre de 2025

El AntiKautsky de la Transición

Ironizando y parodizando ( sic) con el título de aquel opúsculo de V. I. Lenin " La Revolución proletaria y el renegado Kaitsky", sólo ironizando, digo, abordamos aquí ese artefacto cronológicamente bastante impreciso que en una semántica de intención retorcida dieron, los de la crónica oficial y oficiosa, en llamar Transición Política de la dictadura franquista o tránsito mejor nombrada a mi parecer. Sólo que en este contexto, los kautsky son Socialdemócratas ( PSOE ) y Eurocomunistas ( PCE ) , renegados de la ruptura democrática, paradigma de un transformismo político acompañado de paso ligero, empujones y codazos rivalizando entre ellos para llegar en mejor puesto a las elecciones. Como sabemos en esa liza se adelantó o "adelantaron" al PSOE en perjuicio del PCE. Hubo más kautsky, sin duda, en su mayoría agrupados en la Junta Democrática y en la Plataforma Democrática, meses más tarde fusionados en la Coordinación Democrática, también denominada periodísticamente platajunta. 

A la versión oficiosa, que devino canónica, le puso voz y hasta pluma, la periodista Victoria Prego. Contra esta versión edulcorada de la modélica, apacible y exitosa transición se dirigen también estas líneas. Decíamos que una transición, ahora en tipografía minúscula, a la que le vamos a ir perdiendo respeto, de contornos cronológicos imprecisos o un tanto nebulosos pero no por ello carente de diseño y propósito.

 Importa aquí más adonde se pretendía llegar que el puerto y las aguas de partida, en toda caso las cenagosas y un tanto pantanosas de los círculos de poder del franquismo, diluyéndose bastante la distinción al uso por aquel tiempo entre búnker y aperturistas. 

A efectos de la publicación de esta colección de Distopías18, el momento elegido para el cierre de la Transición será el año 1986. Ello por varios motivos, de los que seleccionaré cuatro destacados: 
1. La convocatoria del anunciado Referéndum OTAN por lengua de serpiente, mención a Javier Krahe,  Felipe González. 
2. El ingreso al mismo tiempo que Portugal en una nueva ampliación, la última en el flanco occidental, de la CEE ( Comunidad Económica Europea). 
3. La  convocatoria de elecciones generales en Junio de ese año. 
4. La creación de IU ( Izquierda Unida), refundación de una fuerza "rupturista" en el espacio comunista de la izquierda.

 Debe quedar claro que el eje diacrónico de la reforma- transición no se dispone de manera lineal ni progresiva tampoco a modo de concatenación causal ni concluyente.

 Se jalonan hechos y se ofrecen algunas lecturas pero con apertura al debate público allende estas líneas.

 Al mismo tiempo aclarar que por disposición tipográfica y medio empleado para su escritura, un smartphone, se ve gustosamente condicionado su estilo y forma y una incierta vocación transgresora de corses y convenciones de la esterotipia y clichés más al uso, forzando algunas estructuras de la sintaxis más escolar y alguna desfiguración léxica que pudiera resultar por impericia al ojo pedante académico. En cuanto al empleo indistinto de la lengua galega, portuguesa o castellana o cualquiera de sus hibridaciones supongo que la resultante será el reflejo de la proporcionalidad del manejo de cualquiera de ellas en mi trato oral cotidiano y de la frecuentación de mis lecturas en las respectivas lenguas. En resumen, no sigo ninguna normativización ni la solicito. 

Tres últimas cuestiones : 
1. Distopías 18, es la denominación de un blog y de una tentativa de edición, por tanto este volumen tiene su origen en la llamada blogosfera.

 2. Conjuntamente, se acompaña mi TFG ( Trabajo Fin de Grado) en el Grado de Ciencia Política y de la Administración en la UNED, con el siguiente título " La guerra civil española desde la perspectiva de las relaciones internacionales". Trabajo que pensaba revisar y ampliar pero quedará para ulterior ocasión. 

3.A la fecha de ese año 1986 yo me encontraba entre la militancia activa del PCPE- PCPG participando en los trabajos de creación, implementación e implantación da Plataforma Galeguista e da Esquerda Unida. En los años 1973 - 1975 en la LCR, entre Vigo y París. Mis últimas relaciones con la liga fue mi asistencia al meeting de la FUT ( Frente por la Unidad de los Trabajadores) en el Cine Disol, nas Travesas de Vigo, si bien ya no militaba. 

Ésta también es una crónica generacional, la de los nacidos a finales de los cincuenta, iniciados en la militancia a principios de los setenta.

 Una crónica de y para Iniciados, sin perjuicio de alguna otra eventual a terceros. 

sábado, 16 de agosto de 2025

Accións Antirrepresivas

No contexto desta xeira á que darei cimo na altura do ano 1986, encetada en París no 1975, non lineal, senón con avanzos e retrocesos no eixo diacrónico, non estrictamente secuenciados, fago parada e fonda no vademécum ou segunda biblia do nacionalismo galego, após o Sempre en Galiza, o monumental libro de Luís Gonçales Blasco " Foz", " A política e a organizaçom exterior da UPG ( 1964- 1986 )". Edicións Laiovento. 2012, livro que debera ser de obligada lectura nos liceus. Senón, ao tempo.

 Recordar que nestas miñas crónicas considero, por riba doutras, tres estructuras operativas sobranceiras : PCE (  carrillista), PCE ( m-l )-(FRAP), UPG. Engado unha coda, o MLNV e o seu operativo de vangarda, que se cadra, era a transversalidade própria do movemento antirrepresivo.

 Poñámonos no capíduo séptimo, páxina 773 e seguintes, falamos, en diálogo con Foz, na sua cordial compaña. 

Estes movementos, non sempre rigurosamente antirrepresivos, tamén de solidariedade coas loitas libradas  no interior pola clase obreira e os povos do Estado, expoliados polas oligarquías. No parágrafo 7.1, non cito literalmente, máis ben trátase dunha remisión, para alentar ao lector desta columna á consulta directa do livro mencionado. 

A primeira oportunidade na que aparez a sinatura da UPG nunha declaración conxunta en París data do comezos de 1969, redactado en francés e hespañol. É un apelo para agir na semana do 21 ao 28 de Febreiro, baixo a proclama : ALTO A LA REPRESIÓN DEL ESTADO FRANQUISTA. Alén da UPG, asinaban USO, rexión de París, Acción Sindical de Trabajadores, Grupo de Emigrantes Revolucionarios, Acción Comunista, Agrupaciones Anarquistas, Juventud Comunista Ibérica (  POUM), Círculo de Estudios Populares e Movimiento Comunista Marxista Leninista de España. Como podemos ver unha miríada de grupos e grupellos, se cadra algúns efémeros e minúsculos, non así no caso da UPG. 

Deseguido imos dar paso a irrupción dun dos comités que acadou algunha transcendencia temporal, de maior estabilidade, mutado na sua denominación en Comités Unitarios Contra la Represión en España ( París, Marzal 1971), integrados, entre outros, polos CAR- Comités Antiimperialistas Revolucionarios, PCE ( m- l), Vanguardia Socialista ( o partido de Julio Álvarez del Vayo) e a UPG ( Unión do Povo Galego, sección exterior ). 

Queremos suxerir nunha pescuda avanzada a consulta dos Boletíns da APEP ( Agencia de Prensa España Popular). 

Para porlle remate a esta entrada, un fito a destacar no solo francés. En Febreiro de 1972 o Governo francés expulsa seis refuxiados políticos vascos, decisión respostada por catro militantes, Uribarri, Iriarte, Aracema e Sabases cunha greve de fome na eirexa de st. Lambert de París. A solidariedade antirrepresiva co povo basco será recurrente e unha centralidade nestes movementos, se ben comeza a verse unha certa atomización e implosión interna no seo da organización basca. 

Comentar finalmente que a cadencia dos mevementos reseñados acompaña os ciclos de movilización das loitas proletarias e populares cunha especial intensificación nos períodos de estados de excepción vixentes. As reivindicacións, mutatis mutandis, as mesmas, que teñen por epítome a completa liquidación do fascismo e a esixencia de responsabilidades políticas e criminais aos seus perpetradores.

 Cos anos teríamos a comprobación de novas lutas e estructuras antirrepresivas. No caso galego, XUGA, AFPG, CEIVAR e outras.

 XUR O'PONTILLÓN.