sábado, 29 de marzo de 2025

Abril de 1979- Abril 2025

Con dúas eleccións xerais, anos 77 e 79, dous referendos, ano 76, o da Reforma Política, Nadal do 76, e o da Constitución, Nadal do 78, o día 3 de Abril de 1979, por fin, son convocadas as eleccións municipais. Parez que a memoria daquelas de 1931 lastraran o ánimo para telas adiantado a esa data. O sistema representativo de tercios do franquismo quedaba arrombado e tomaban o relevo os partidos políticos, ata hoxe. 

De resultas destas votacións, o máis salientable do escrutinio. queda resumido a continuación :

1.A lista máis votada foi a de Víctor Moro ( UCD). Nembargantes non acadou a Alcaldía. 

2. A outra lista de dereitas que entrou na Corporación, a de Eugenio Pernas ( Coalición Democrática). 

3. Na esquerda houbo maior pluralismo.

 4. Pola esquerda, imos contar : PSOE ( Manuel Soto), Unidade Galega ( Francisco García), Partido Comunista de Galicia ( Carlos Núñez), Bloque Nacional - Popular Galego ( primeiro Xabier Alonso, senón recordo mal, que sería sustituido por Teruca Conde - Pumpido). 

5. Moita esquerda ficou sen representación. Entre outros : Marilar Ximénez ( MCG), Alberto Martín de Hijas ( PTG), Xulio Villot ( Liga Comunista Revolucionaria, trotsquista). 

6.Quero destacar " Galicia Ceibe", co inesquecible amigo Leonides de Carlos y Ardanaz. acompañado de Rufo Pérez, Méndez Ferrín, Pousada Covelo e outros igualmente valiosos. Paréceme recordar que Galicia Ceibe optara por presentarse como Agrupación Electoral. 

7. Un pacto das esquerdas entregáralle a Alcaldía ao PSOE (Manuel Soto). 

Neste Abril de 2025, ás portas do ecuador do mandato 2023 - 2027, a situación é ben outra, o pluralismo na representación é máis cativo, totalizando tódolos grupos só tres, destacando unha hipermaioría absoluta do PSOE (Abel Caballero).

 Os tempos mudaron moito nestes anos, tamén socioeconómicamente, polo tanto é
 difícil facer prognósticos, acertar nos posibles cálculos da aritmética electoral a dous anos vista, mais xorde unha pregunta : haberá unha candidatura veciñal, que axunte o que ficou fora nos últimos anos?

 Unha cousa é certa, do ceo non vai cair e movementos de última hora non callaran. 

XUR O'PONTILLÓN, Politólogo.