jueves, 27 de marzo de 2025

Antón de Meder


Antón foi amigo, rexo e cordial. A min presentoumo Rufo Pérez polo ano 1978 na campaña dos Comités contra a Constitución, que deu nun Magno Mitin contra a chamada Carta Magna, nun cine Roxy no Toural ( Teis), ateigado, con xente fora. 

Antón de Meder fora un dos oradores, cunha forte retranca, burlándose dos agoireiros e profetas diletantes que nos amonestaban coas peores pestes de non saír aprobado o texto constitucional, como senón estivera todo cociñado naquela mal chamada Transición,  que nós dicíamoslle Reforma, á que opúñamoslle a Ruptura Democrática.

 Os agoreiros máis graves ou severos advertían dunha volta ao franquismo, non sei onde pensaban que nos atopábamos. 

Na altura, os Comités contra a Constitución, pedían a abstención consciente ou activa, desmarcándose do voto negativo doutras alternativas tamén contrarias. 

Naquel acto do Toural no Roxy, Antón estiver no estrado a carón de Méndez Ferrín, Pousada Covelo e outros. 

Noutra pasaxe da sua vida Antón Alonso Fontán ( de Meder), viticultor de excelentes caldos, amosaba unha faciana máis lírica nos Festivais de Poesía do Condado, organizador, anfitrión e poeta él mesmo. Xa metidos no literario e xornalístico, o Antón articulista ao que eu seguía como lector no xornal vigués ATLÁNTICO DIARIO. Como tertuliano na Cafeterías Goya, en Urzáiz, onde lle fumos solicitar a sinatura de apoio Adolfo Lareo ( Fito da Taberna da Viuda) e máis eu para a concesión de dunha rúa en memoria do amigo Pintor Mario F. Granell, acadada no mandato municipal do Doctor Carlos G. Príncipe.

 Antón novamente na rúa Marqués de Valadares, rexentando unha ampla cafetería, senón recordo mal, dous andares e un reservado moi recoleto, foi cando máis trato tiven con él. As máis pola miña conta e outras na compaña do amigo músico e un algo musicólogo Arturo Rosendo ou ben do amigo poeta Manuel Vidal Villaverde.

 Xa polos noventa teño as derradeiras, para min, noticias de actividade pública de Antón Alonso Fontán ( de Meder) no movento contra a empacador en Teis e posteriormente na candidatura Si Teis, con responsabilidades de comunicación e dirección dalgún xornal e tarefas de propaganda, cedendo tamén a sua oratoria en actos de masas do barrio.

 Circularmente, en Teis, no Roxy ( Toural) empezamos esta andaina, ano 1978, e pechamos novamente en Teis nos anos noventa do pasado século. 

Dedico estas liñas con moito agarimo a miña amiga, a sua filla Sofía e máis extensamente a toda a sua familia e ao meu amigo Alfonso Martínez. 

XUR O'PONTILLÓN.